IV Ciclo da USC Ribeira. Curso académico 2024-2025
Matrícula aberta ata o 31 de xullo
Información e primeira matrícula: Centro Cultural Lustres Rivas de Ribeira de luns a venres de 8 a 14 h
O prazo de matrícula do IV Ciclo da USC está aberto ata o 31 de xullo. Todas as persoas maiores de 50 anos que o desexen poden formalizar a súa matrícula na páxina web da Universidade de Santiago (https://www.usc.gal/gl/estudos/cuarto-ciclo). As persoas que soliciten por primeira vez a súa matrícula poden dirixirse ao Centro Cultural Lustres Rivas de Ribeira de luns a venres de 8 a 14 h para cubrir os datos da preinscrición que se enviarán á USC, ao agardo da alta como novo/a alumno/a e a correspondente folla de pagamento de taxas.
A formación universitaria a partir dos 50 anos é posible en Ribeira desde 2019 grazas ao convenio asinado entre a USC e o Concello de Ribeira. A creación dunha sede universitaria do IV Ciclo dirixida a persoas maiores de 50 anos, promove a formación continua, a democratización dos estudos universitarios..., en definitiva a universalización da formación universitaria trasladándoa da capital de Galicia á cabeceira da comarca do Barbanza.
Son sete as materias que se ofertan na sede Ribeira: Iniciación á bioloxía humana, materia que impartirán Victor Arce, Sergio Cinza e Daniel Rey; Historia da cultura de Galicia, Anxo Rodríguez Lemos; Xeografía de Galicia, Raúl Soutelo; Informática básica, Rafa Villar; A política hoxe, Diego Mo Groba, Alfonso Antonio e López Rodríguez; A arte das vías de peregrinación, Victoriano Nodar; Os encontros co cine, Mª del Carmen Gutiérrez Moar, Pilar Riveiro, Belén Seijas.