Buscador

O día 8 de xullo comezou en Ribeira o curso da Universidade de Verán da USC “O galego no século XXI. Desafíos e fronteiras”.
Whatsapp: O día 8 de xullo comezou en Ribeira o curso da Universidade de Verán da USC “O galego no século XXI. Desafíos e fronteiras”.

Na apertura do curso participaron a concelleira de Educación do Concello de Ribeira, Cruz Rivadulla Márquez, quen desculpou a ausencia do alcalde; o secretario xeral da Lingua da Xunta de Galicia, Valentín García Gómez; e os dous directores do curso, membros da RAG académicos e catedráticos da USC, Henrique Monteagudo Romero e X. L. Regueira Fernández.
 

Programación:

Sesión temática: Transmisión e mantemento da lingua. Ribeira e a súa contorna.

Perfil sociolingüístico do Barbanza. Henrique Monteagudo (Catedrático de Filoloxías Galega e Portuguesa da USC e Director do Seminario de Sociolingüística da Real Academia Galega) 

A transmisión interxeracional da lingua no Barbanza. Xaquín Loredo (Investigador do Seminario de Sociolingüística da Real Academia Galega)

Transmisión e mantemento da lingua na infancia: as dinámicas familia / escola / pares. Gabino Vázquez-Grandío (Investigador do Seminario de Sociolingüística da Real Academia Galega).

Descrición da situación da transmisión e mantemento do galego no eido educativo.

Mesa redonda moderada por Henrique Monteagudo (USC) coa participación
de Pilar Ponte (IES Félix Muriel de Rianxo), Teresa Hernández Alfaraz (CEIPP de Palmeira) e David Novo Martínez (CEIP de Artes).

Visita á illa de Sálvora. Viaxe ao Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia. A toponimia, as lendas, a vida na illa... E todo na compaña do noso bardo máis admirado Quico Cadaval.