Buscador

Ribeira acolle a fase previa do Club de Debate Alingua os días, 24, 25 e 26 de febreiro
Whatsapp: Ribeira acolle a fase previa do Club de Debate Alingua os días, 24, 25 e 26 de febreiro

Ribeira, 25 de febreiro de 2025

Onte comezou no Auditorio Municipal de Ribeira a fase previa do Club de Debate Alingua, un programa cooperativo no que participan varios concellos galegos, que promove e valora o uso oral do galego, o espi?rito cri?tico, a tolerancia e o traballo en equipo na mocidade. 

Este club de debates vai dirixido ao alumnado de 3º e 4º de ESO e 1º de bacharelato, ou cursos equivalentes dos ciclos formativos, dos concellos participantes e a rapazada que se anime a debater neste certame debera? agudizar o enxen?o para buscar todas as argumentacio?ns posibles para reforzar as ideas, o que tame?n facilita a capacidade de ana?lise e de interpretacio?n da realidade e sempre coa axuda do profesorado que prepara os equipos.

Numerosos colexios e institutos de Galicia trasladaranse a Ribeira dende hoxe ata o me?rcores 26 onde lle tocara? a quenda ao Concello de Ribeira representado polo Colexio Galaxia.

Nesta edicio?n 2025 participan os concellos de Carballo, Dodro, Ferrol, Naro?n, Pontedeume, Pontevedra, Ribeira, Rois, Santa Comba, Santiago de Compostela, Teo e Vilagarci?a de Arousa.

32 equipos de debate procedentes dun total de 20 institutos dunha ducia de concellos galegos. Case 300 mozas e mozos demostrara?n a su?a habilidade coas palabras na procura dun oco na final, que se celebrara? o pro?ximo 26 de abril en Vilagarci?a de Arousa.

 

Datas dos concellos na fase eliminatoria de Ribeira: 

24 de febreiro Santiago, Santa Comba e Carballo; 

25 de febreiro Teo, Rois, Dodro e Vilagarci?a; 

26 de febreiro Pontevedra, Naro?n, Pontedeume e Ribeira


Surfistas da Lingua, Os Sofistas, Faladores, Os Gandarin?os, O Clan dos Estoicos, A Tropa dos Epicu?reos, Oradores de Bergantin?os... Son algu?ns dos nomes escollidos polos protagonistas, alumnado de educacio?n secundaria e bacharelato dunha vintena de centros educativos, para o seu equipo. As dina?micas diarias de debate dos diferentes colexios e institutos transcorren dende as 9:00 h ata 19:20 h onde remata a xornada  cunha entrega de premios.

 

O turismo: tema escollido para a fase previa da edicio?n 2025

Entre as propostas realizadas polos propios centros educativos participantes, o turismo foi o tema elixido para estas fases clasificatorias na edicio?n 2025. “A masificacio?n turi?stica e? un problema en Galicia” sera? a afirmacio?n sobre a que debatera?n os equipos. Durante cada unha das xornadas, cada equipo participante debera? debater en du?as quendas, debendo adoptar en cada quenda unha das opcio?ns: “a favor” e “en contra” da tese proposta. Un xurado integrado por cinco profesionais de diversas a?reas puntuara? as intervencio?ns dos equipos.

 

Ma?is sobre o Club de Debate Alingua

Nas semanas previas a? competicio?n, todos os equipos de cada zona asisten conxuntamente a sesio?ns formativas para familiarizarse co desenvolvemento dos debates e na que reciben asesoramento sobre te?cnicas de comunicacio?n oral e argumentacio?n. En 2025, esta formacio?n realizouse nos concellos de Pontevedra, Rois e Naro?n, que acolleron en tres xornadas formativas os case 300 mozos e mozas participantes, inclui?ndo tame?n simulacio?ns de debate.

O Club de Debate Alingua promove a creacio?n de espazos de socializacio?n e convivencia para activar a lingua a trave?s do conxunto de actividades propostas: as xornadas de formacio?n e as intensas xornadas de debate, inclu?en tempo para o lecer con actividades de convivencia entre o alumnado participante.

Os equipos gan?adores das fases de zona e da final obten?en premios cos que acceden a contidos culturais ou a experiencias de convivencia e animacio?n lingu?i?stica.


Máis información e imaxes:

https://www.facebook.com/AlinguaDebate

https://www.instagram.com/clubdedebate_alingua/

610 908419 (Tono)

 



 

Documentos