Buscador

O Lustres Rivas presenta as actividades dun abril marcado pola figura de Isaac Díaz Pardo
Whatsapp: O Lustres Rivas presenta as actividades dun abril marcado pola figura de Isaac Díaz Pardo

O mes de abril comeza coa conmemoración do Día das Artes Galegas que neste ano homenaxea a Isaac Díaz Pardo.

“En Ribeira, como non podía ser menos, imos ter unha especial presenza de accións ao redor da vida e obra do intelectual, artista e empresario Díaz Pardo” sinalou Rivadulla. e engadiu “comezamos esta sentida homenaxe o sábado 5 de abril cun obradoiro para nenos e nenas no que acompañados das súas familias coñecerán a vida e obra de Isaac, e participarán no Laboratorio de Formas na súa honra pintando cerámica da man de Electra Menéndez”. 

É imprescindible reservar praza poñéndose en contacto con Normalización Lingüística de Ribeira no correo, normalizacion@ribeira.gal

Cruz anunciou que o seguinte sábado, 12 de abril, tamén ás 12.00 h haberá os contos de sempre para nenos e nenas, o mes dos libros, da man de Raquel Queizás coa súa obra “Travesías”. 

Tamén teremos unha proposta moi acaída da man da especialista en Historia da Arte e activista Cultural, Rosario Sarmiento, quen impartirá unha conferencia o día 24 ás 20.00 h co título “Isaac Díaz Pardo. O pintor que non quixo ser artista”.

Remataremos o mes con outra proposta para público infantil, nesta ocasión facendo fincapé na importancia da transmisión da lingua galega con Vero Rilo e Luís Iglesias, que contarán e cantarán fermosos cantares en “Pelica de burra”. Esta proposta da Rede de Dinamización Lingüística pecha a programación do mes no Centro Cultural Lustres Rivas.

Por outra banda a concelleira de Cultura anunciou a presentación literaria de  Jarroa de Andrea Fernández Plata o mesmo Día do Libro (23 abril), ás 20:00 h; a entrada será  libre e gratuíta ata completar a capacidade da sala.

Para finalizar a representante da Asociación Cultural Barbantia, Encarna Pego, anunciou a presentación literaria de “Paspartue” do escritor Alex Pernas o 25 de abril ás 20:00 h no propio C.C. Lustres Rivas e a entrada será de balde ata completar a capacidade da sala.


 

ABRIL 2025

CENTRO CULTURAL LUSTRES RIVAS


Obradoiro: Pequeno Laboratorio de Formas. Electra Menéndez

Obradoiro de pintura sobre cerámica para nenos e nenas a partir de 3 anos coas súas familias.

Data: 05/04/2025

Hora: 12.00 h

Prazas limitadas. Inscrición: normalizacion@ribeira.gal

 


Contacontos: Travesías. Raquel Queizás. Ler Conta Moito

Contacontos para nenos e nenas a partir de 3 anos coas súas familias

Data: 14/04/2025

Hora: 12.00 h

Inscrición: normalizacion@ribeira.gal


Presentación literaria: Jarroa. Andrea Fernández Plata


Data: 23/04/2025
Hora: 20.00 h
Lugar: Centro Cultural Lustres Rivas
Entrada libre a gratuíta ata completar a capacidade da sala.

Unha illa, un pasado, unhas xentes que viven entre maxias inexplicables e unha linguaxe propia. Esta é a atmosfera da novela que se presenta, unha novela nacida da Illa de Arousa.


Conferencia: Isaac Díaz Pardo, o pintor que non quixo ser artista.

Rosario Sarmiento

Data: 24/04/2025

Hora: 20.00 h

Lugar: Museo do Gravado de Artes

Haberá transporte gratuíto desde Ribeira. Saída: 19.00 h. Regreso: 21.00 h

Reservas para o autobús: normalizacion@ribeira.gal

 


Presentación literaria: Paspartue. Alex Pernas

Asociación Cultural Barbantia

Data: 25/04/2025

Hora: 20.00 h

Entrada libre a gratuíta ata completar a capacidade da sala.


Pelica de burra. Vero Rilo e Luís Iglesias

FalaRedes 2025. Rede de Dinamización Lingüística

Contacontos musical para nenos e nenas a partir de 3 anos coas súas familias

Data: 26/04/2025

Hora: 12.00 h

Inscrición: normalizacion@ribeira.gal