Ribeira, 23 de abril de 2025 — Thiago Vidal Vidal, alumno de 6º de primaria do CEP Carreira (Pé do Corniño) foi o gañador do IV Concurso escolar de deseño de marcapáxinas da biblioteca Municipal.
Ao acto de entrega asistiron a concelleira de Educación, Cruz Rivadulla, a concelleira de Cultura, Antía Alberte, o técnico da Biblioteca Xan Fernández e o alumno gañador xunto aos compañeiros e compañeiras do colexio Pé do Corniño.
Os asistentes ao acto puideron ver a exposición na biblioteca dos 307 marcapáxinas participantes no concurso dos colexios CEIP de Olveira, Artes, Palmeira, Carreira, O Grupo e CPR Galaxia. Todos os deseños participantes estarán dende o día de hoxe ata fin de mes expostos en paneis na biblioteca; co deseño gañador fixéronse unhas copias que serán repartidas aos usuarios e
usuarias da propia biblioteca.
O gañador Thiago Vidal sinalou que elixiu un motivo “mariñeiro e moi ribeirense”, Cruz Rivadulla lle entregou a Thiago un diploma honorífico, un lote de libros xunto cunha ducia de marcapáxinas co seu deseño para entregar aos amigos e familiares. A concelleira deulle as grazas aos alumnos presentes e estendeunas a tódolos participantes.
O xurado non o tivo doado pola gran calidad dos traballos, Antía sinalou que “o
primeiro que se ten en conta son as faltas de ortografía.