Ribeira, 12 de maio de 2025 — O Futevolei é un deporte fusión do voleibol e o fútbol que se xoga principalmente en campos situados sobre a area da praia na tempada estival.
O Club Futevolei Vigo vén celebrando este evento na praia palmeirana da Corna e con esta edición completará a “IV Palmeira internacional Cup´2025”.
Á presentación acudiron, o concelleiro de Deportes, Xabier Vidal, o Presidente do Club Futevolei Vigo, Alberto Coya e José Vicente Domínguez (Chento), organizador e compoñente do club.
O evento se celebrará o vindeiro 24 de maio na praia da Corna de Palmeira á altura do merendeiro, as inscricións terán un custo de 10 euros e faranse ao teléfono 619 625 202 – estarán abertas até o martes 20 de maio—.
Vidal agradeceu ao Club Futevolei de Vigo pola organización do evento, e en especial ao veciño Chento “pois é a persoa responsable de que se celebre esta Copa Palmeira” para finalizar Vidal realizou un chamamento a participar “dun evento singular e gozar do entorno da Corna”.
Torneo de exhibición
“O formato do torneo non será por equipos, será por parella dun novato cun experto para poder divertirse e sobre todo aprender” sinalou Coya.
O torneo durará toda a mañá até a final do campionato ás 14.30 horas para pasar despois á churrascada amenizada con música en directo para todos os inscritos.
Por outra banda, José Vicente falou da promoción deste deporte na comarca, “é un deporte no temos moita ilusión de promocionar pola comarca para poder ter masa social e poder practicalo todos xuntos”. Para finalizar Domínguez doulle as grazas ao Concello de Ribeira polo apoio e colaboración.