Buscador

O Conservatorio Municipal abre a matrícula para as probas de acceso
Whatsapp: O Conservatorio Municipal abre a matrícula para as probas de acceso

Ribeira, 13 de maio de 2025. — Á presentación compareceron a concelleira de Educación, Cruz Rivadulla, o director do Conservatorio, Álvaro López máis o profesor de Saxofón e Secretario do Conservatorio, José Fungueiriño.


A concelleira introduciu o acto de sinalando que “dende o Conservatorio Municipal se están facendo innumerables actividades tanto propias como de colaboración con outros conservatorios, invitando a profesores de fama internacional e facendo unha interesante programación”, a concelleira animou aos nenos e nenas na apertura das probas de acceso.

Concerto didáctico en familia. A grande orquestra animal.

López presentou a actividade “que levaremos a cabo o día 14 ás 20,00 horas no novo auditorio municipal de Ribeira”, no cal o profesorado do Conservatorio representará un conto musical “con guión da nosa compañeira e mestra da especialidade de Pedagoxía, Alejandra Medín Doce”. O concerto ten como finalidade dar a coñecer os distintos instrumentos que se poden estudar no Conservatorio de Música Profesional de Ribeira Enrique Paisal e pasar un ameno concerto en familia.

Esta representación xa a levara a cabo en horario de mañá no pasado mes de abril para alumando dos distintos colexios do Concello de Ribeira. Asistiron ás 4 representacións levadas a cabo máis de 700 rapaces e rapazas con idades de 8 a 10 anos.

A pesar de ser recomendada para a rapazada a partir de 6 anos, será aberta para todas as nenas e nenos sen limite de idade que veñan acompañados dos seus pais ou familiares.

A entrada é gratuíta ata completar aforo e o acceso ao Auditorio será a partir das 19:30 h da tarde ata as 20:00 h na que dará comezo.na actividade lectiva no conservatorio suspenderase mañá ás 19:horas.


Probas de acceso

Álvaro López anunciou á rapazada que sinte a inquedanza por aprender música e tocar un instrumento “poden matricularse para nas probas de acceso a 1º de grao elemental ou a 1º grao profesional na paxina web do Concello de Ribeira no apartado novas”, o prazo remata o dia 23 de maio e o día 20 de maio as 20:30 h, haberá unha reunión informativa cos familiares no conservatorio para aclarar tódalas dúbidas que poidan existir relacionadas coas probas de acceso.


Último Encontro da Aula Galega de Saxofón

A vindeira fin de semana terá lugar o último dos encontros da Aula Galega de Saxofón. Será o sábado 17 e domingo 18 de maio. Ademais das master class haberá audicións do alumnado nas que tamén participará o profesorado que neste caso son dous habituais do seminario, o santiagués Xabier Casal (profesor do Conservatorio Superior das Illas Baleares) e Takahiro Mita (profesor do Conservatorio de Música de Aragón). Este seminario cumpre este ano a súa XVII edición cunha ocupación total das prazas ofertadas.


Concerto de Yuri Durán

Fungueiriño informou que “o día 20 as 18:00 h da tarde tocará no Salón de actos do Conservatorio o pianista e ex-alumno do conservatorio Yuri Durán Castro”.


Concerto co alumnado Mayeusis

O día 23 de maio terá lugar o encontro co alumnado do Conservatorio Mayeusis de Pontevedra facendo o intercambio co alumnado do Conservatorio de Ribeira nun concerto compartido entre ambos conservatorios.


Frautísismamente

Para rematar o Secretario informou que “a fin de semana pasada rematou o seminario Frautísismamente co mestre André Cebrián. Este seminario que tivo 3 encontros durante o curso foi un éxito de participación ocupando todas as prazas ofertadas. Finalizou con concertos do alumnado o venres 9 e sábado 10”.