· Categoría absoluta e veteranos, masculino e feminino
· O sábado 7 ás 17:00 horas, xornada clasificatoria.
· O domingo 8 ás 11:00 horas, xornada de finais.
Ribeira 30 de maio de 2025. —- O Campionato Galego de Traiñeiras celebrarase na parroquia ribeirense de Aguiño os días 7 e 8 de xuño, así o anunciaron hoxe o alcalde de Ribeira, Luís Pérez, o concelleiro de Deportes, Xabier Vidal, o concelleiro de Mar, Fernando Abraldes, o representante da Federación Galega de Remo, Gustavo Vázquez e o presidente do Club de Remo Náutico de Ribeira, Jesús Silva.
Vidal agradeceu á Federación Galega de Remo, “xa que dende o 2011 non se acollia no municipio unha competición desta categoría que, xunto ao Campionato de Bateis e á Bandeira do Concello de Ribeira, suman tres campionatos que imos desenvolver no noso concello”. Xabier Vidal tamén tivo palabras de agradecemento para o Club de Remo de Ribeira, “que é realmente quen leva o peso da organización e nomeadamente ao seu presidente, Suso Silva, que é quen saca adiante todos estos eventos”.
Gustavo Vázquez sumouse aos agradecementos sinalando que “isto sen os clubs e sen os concellos a federación pouco podría facer”. Continuou falando do emprazamento “un enclave espectacular para o campionato, un campo onde pode haber ondas, sempre é unha incertidumbre”. Para finalizar informou que “nestes últimos anos cambiouse o sistema de clasificación e esto leva a que se poda participar a dobre xornada que é moi importante para as vilas porque no sábado hai case máis de 600 deportistas en competición, o que trae un retorno económico e turístico para a vila”.
Pérez Barral agradeceu de entrada o traballo que leva facendo o Club de Remo de Ribeira durante todo o ano e ademais agradeceu a presenza da Federación Galega de Remo “que nos permite ter no Concello de Ribeira unha regata de traiñeiras de primeiro nivel que vai a traer moitos visitantes ao noso concello e vai a ser un revulsivo para coñecer Ribeira dende o punto de vista deportivo”. O alcalde tamén mencionou as vondades do campo de regatas en Aguiño e o calificou coma “un dos nosos puntos fortes, xa que hai moitos campos de de regatas con augas moi tranquilas e precisamente en Aguiño hai esa presenza de ondas e correntes que poden dificultar un pouco máis a regata e por tanto darlle un pouco máis de emoción ao campionato”.
O rexedor manifestouse novamente moi agradecido polo desenrolo destos campionatos no Concello “porque ademais de destacar no ámbito galego e deportivo, atrae a visitantes e afecionados que consumen, que pernoctan e que despois aconsellan este destino”.
Para rematar Luís Pérez falou das novas instalacións proxectadas para o Club de Remo, “é unha cuestión moi demandada nestes últimos anos e que agora está en pleno proceso de construcción. A nova sede do Club vai ser unha realidade máis pronto que tarde”. O rexedor anunciou unha nova petición formal a Portos de Galicia, “para poder ter un pouco máis de espazo onde poder albergar todo o material co que conta o club; traiñas, remos, remolques, etc. “O noso desexo é que podan facer os entrenos na parroquia de Aguiño dunha maneira profesional e que chegue a ser un revulsivo para a propia parroquia pero sobre todo para que o Club sume máis remeiros e remeiras unha vez que as instalacións estean rematadas e en perfectas condicións”.