Buscador

Kiko Veneno actuará en Ribeira o día de Santa Uxía
Whatsapp: Kiko Veneno actuará en Ribeira o día de Santa Uxía

· Huecco e Galician Army actuarán o día 1 polas Festas de Agosto 

Ribeira 30 de maio de 2025 — Hoxe tivo lugar la presentación de algunhas actuacións que se van confirmando para o vindeiro verán 2025 dende a concellería de Festexos dirixida por Francisco Suárez-Puerta. Nesta presentación Suárez-Puerta estivo acompañado polo concelleiro de Mar, Fernando Abraldes. 

 

Suárez-Puerta explicou aos asistentes a intención de ir adiantando os eventos musicais “que imos a ter ao longo deste verán, tanto nas Festas de Agosto como na celebración da Patrona”. Colomer antes de nada, quixo dar as grazas polo traballo realizado por parte dos técnicos de Festexos “para poder pechar estas contratacións así como os temas de produción que requiren estas actuacións de gran formato”. 

O concelleiro primeiramente presentou a actuación de Huecco, que terá lugar na explanada portuaria —á altura de García Bayón— o día 1 de agosto. Huecco o nome artístico de Iván Sevillano Pérez, é un cantante orixinario de Plasencia (Cáceres), coñecido pola súa fusión de rock, flamenco e ritmos latinos. Desde o seu debut en solitario en 2006, obtivo éxitos tanto en España como internacionalmente. 

A continuación deste concerto o mesmo día 1 de agosto imos ter a Galician Army “que son uns produtores e Dj´s galegos que teñen unha proxección importantísima tanto a nivel autonómico como a nivel nacional”. 

O dúo de produtores son asiduos dos festivais coma o O Son do Camiño, Festival de la Luz, PortAmerica, Sonorama, Caudal Fest ou o Atlantic Fest. A súa proposta artística caracterizase por fusionar sons electrónicos contemporáneos con influencias retro, especialmente dos anos 80, e elementos da música tradicional galega. Galician Army inspírase en artistas como Daft Punk, Vangelis, Pet Shop Boys e Hans Zimmer. 

O conceleiro de Festexos informou que estos dous concertos se celebrarán o venres das Festas de Agosto na explanada portuaria “que se recuperou o ano pasado cunha grande aceptación por parte da hostalería de García Bayón que viñan apreciando que dende durante anos non se lle facía ningún tipo de actividade neste espacio durante as Festas de Ribeira”. O segundo tenente de alcalde salientou que a día de hoxe como Goberno “estamos a recuperar e seguir diversificando as zonas de concerto para non afectar aos veciños con eventos constantes no mesmo espazo durante os días das festas e tamén para que tódolos negocios de hostalería e comercios poidan beneficiarse de todo tipo de actividades”. 

Par finalizar Suárez-Puerta presentou a actuación de Kiko Veneno que actuará o Día de Santa Uxía —13 de setembro—. José María López Sanfeliu máis coñecido como Kiko Veneno é unha figura esencial na música española, recoñecido pola súa innovadora fusión de flamenco, rock e pop. Desde os seus inicios nos anos 70 até a actualidade, mantivo unha carreira activa e relevante. 

Ao longo da súa traxectoria, Kiko Veneno lanzou numerosos álbums que deixaron pegada na música española; co-autor da “Leyenda del tiempo” con Camarón de la Isla. Kiko Veneno e ou autor de "Volando voy" que é unha rumba flamenca que convertiuse nun dous temas máis populares do disco e da musica española. 

Kiko Veneno foi galardoado con múltiples premios ao longo da súa carreira, Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes (2009), Premio Nacional de Músicas Actuais (2012), Premio Mario Pacheco a toda a súa carreira pola Unión Fonográfica Independente (2020). Ademais, en abril de 2025, foi incluído no Salón da Fama da Música Hispana, recoñecendo a súa extensa e exitosa traxectoria. 

Colomer rematou falando da variedade das propostas “fusionando música latina, con electrónica galega de fusión xunto cun gran clásico da música española. O concelleiro do Mar manifestou o grande e variado nivel das propostas que se van pechando para o verán.