Buscador

Ribeira celebrará o Día da Bici o vindeiro 15 de xuño
Whatsapp: Ribeira celebrará o Día da Bici o vindeiro 15 de xuño

O prazo para anotarse remata o xoves 12 de xuño ás 12.00 h. 

Ribeira 3 de xuño de 2025. — O domingo 15 de xuño, a Concellería de Deportes do Concello de Ribeira, en colaboración co Club Os Saltamontes e Asociación de Veciños de Carreira, vai organizar o tradicional “Día da Bici”. 

Á presentación de hoxe asistiron o concelleiro de Deportes, Xabier Vídal xunto ás concelleiras de Cultura e Educación, Juan Santos, responsable do Club Saltamontes e os técnicos de deportes do Concello de Ribeira. 

Vidal sinalou que é unha actividade lúdico-recreativa, “aberta a persoas de tódalas idades, na cal se intenta fomentar e reivindicar o uso da bicicleta”. 

A actividade vaise a concentrar na praza de España, a retirada de dorsais será a partir das 10:00 h da mañá para dar paso a saída ás 11:00 h. que fará un percorrido urbano ao redor de 5 kms. 

Haberá inchables para os nenos e nenas, un avituallamento e sorteos. O concelleiro recordou que “será obrigatorio o uso de casco e levar as bicicletas nas mellores condicións posibles”. Vidal falou do obxectivo desta actividade, “que os máis novos se vaian familiarizando con este medio de transporte, tamén unha aposta pola saúde, a practica deportiva, o medio ambiente e pola mobilidade sostible”. 

Para finalizar o concelleiro, agradeceu a implicación no evento do Club Saltamontes, ao GAEM e a Policía Local e ás tendas Sport BiKe e Dalle ao Pedal pola súa colaboración, ademais de “animar á veciñanza a participar nesta festa da bici”. 

Por outra banda Juan Santos do Club Saltamontes recomendou seguir as normas do evento ”para gozar do día coa máxima seguridade”. 

Para facer a inscrición, no formulario web: https://forms.gle/ttihhZV8ZKZ4yGuk7 ou entrando na web do concello. 


 

Programa do día: de 10.00 h. a 10.50 h.

Retirada do dorsal no punto de saída na Praza de España.

10:00 horas retirada de dorsais

 11.00 h. saída e percorrido urbano polas rúas de Ribeira, paralelamente ás 11.05 h. dará comezo os inchables para os máis pequenos.

 12.15/ 12.30 h. chegada a praza de España, ás 12.30 avituallamento e sorteo de agasallos entre os participantes.

** Os horarios anteriores son orientativos**

Recomendacións da organización:

 · Intentar levar a bicicleta nas mellores condicións posibles.

 · Unha vez en ruta, cumprir as normas do regulamento xeral de circulación (non invadir o carril  contrario, non utilizar as beirarrúas como vía, …).

 · Facer caso en todo momento das indicacións da organización.

 · Non hai unha idade mínima para participar na actividade, o que si recomenda a organización é que os país valoren as condicións físicas e técnicas dos seus fillos a hora de afrontar o percorrido (aprox. Uns 5 km), podendo os máis pequenos quedar na Praza de España nos inchables.

Importante:

Para poder participar na actividade e nos sorteos, é necesario anotarse previamente no formulario habilitado na páxina web do Concello de Ribeira.

O prazo para anotarse remata o xoves 12 de xuño ás 12.00 h.

O casco é obrigatorio.

A Concellería de Deportes do Concello de Ribeira quere agradecer a colaboración de:

 Club os Saltamontes.

 A.A.V.V. de Carreira.

 GAEM Ribeira.

 Policía Local Ribeira.

 As tendas de bicicletas: Sportbike e Dalle Pedal.

Percorrido: Polas rúas de Ribeira, con saída e chegada dende a praza de España.

O percorrido está catalogado de dificultade física e técnica baixa,.

 

LISTADO DE INSCRITOS.

Documentos