Buscador

Ribeira na vangarda da protocolización das emerxencias co inicio das Sesións Formativas da PAC
Whatsapp: Ribeira na vangarda da protocolización das emerxencias co inicio das Sesións Formativas da PAC

Ribeira, 7 de xuño de 2025 — Hoxe tivo lugar a primeira das Sesións Formativas da PAC que emerxen coma un intento de protocolizar e estandarizar a forma de actuación en distintas emerxencias e crear a base dun programa formativo dentro das súas instalacións.
Ribeira está sendo o punto de partida de novas iniciativas vinculadas ás emerxencias; primeiro se comezou coa presentación de Cardi@ngel o pasado 3 de abril, e no día de hoxe con estas novas Sesións Formativas da PAC que teñen tamén a pretensión de facer de catalizador e de punto de partida para espallar este modelo por todo Galicia.

A iniciativa xurdiu nunha xuntanza que tiveron o concelleiro de Sanidade, Juan Luis Furones xunto coa coordinadora da PAC de Ribeira, Mónica Buela a consecuencia do apagamento eléctrico masivo do pasado 28 de abril. Pensouse  na creación  dun equipo multidisciplinar de formadores (médicos, farmacéutica, enfermería, bombeiros, TES, GAEM) para a elaboración de sesións que presentaran os principais temas e inquietudes do gremio.
Na sesión inaugural de hoxe se xuntaron máis de 70 traballadores vinculados ás emerxencias, á que asistiu persoal das PACS de Ribeira, Boiro e Rianxo, Bombeiros de Muros e Ribeira e o GAEM de Ribeira.

O concelleiro Furones presidiu as xornadas xunto con Mónica Buela que presentou e coordinou estas sesións informativas que comezaron ás 8:30 e remataron as 14:45 horas cun programa no que se abordaron os protocolos da PAC de Ribeira, o “SVB” e “SVA” con Antonio Villaverde (“TES” Rianxo)  e Leonor Estévez (médica do 061) que tamén interveu nun relatorio sobre o “Shock”.
Por outra banda o Corpo de Bombeiros de Muros representado por Javier Cortizo sumado ao Corpo de Bombeiros de Ribeira representado por Baltasar Valentín, falaron sobre a excarcelación e a coordinación. Para rematar Rosana Castelo, farmacéutica do CS Ribeira expuxo sobre os fármacos das “URG” extra hospitalarias.

No inicio das sesións, Mónica Buela dou as grazas aos asistentes “por vir unha mañá cedo de sábado”, e presentou a propia iniciativa sinalando que “dende a PAC de  Ribeira  organizamos a presentación destes protocolos no que se creou un amplo grupo de formadores para poñer de  manifesto  a  necesidade de traballar en equipo e de maneira organizada dentro das urxencias e emerxencias  extra hospitalarias”.
Con esta  iniciativa trátase tamén de dar visibilidade e poñer en valor o traballo que fan as PACS, “preténdese crear unha rede de comunicación entre os distintos PACS e os distintos organismos intervintes en emerxencias para crear liñas fluídas e vías máis rápidas na atención emerxente”. Buela falou do carácter ambicioso, vocacional e altruísta do proxecto co cometido de “mellorar os protocolos entre todos e todas”.
A coordinadora da PAC de Ribeira dou as grazas “ao Concello de  Ribeira, a nosa xerencia  e aos laboratorios coma Alter, Astra-ZENECA, e Viatris por  crer  nesta ilusión e colaborar de xeito  desinteresado. 
O concelleiro de sanidade falou do carácter pioneiro das xornadas “xunto con Cardi@ngel estamos a ser a avanzada na execución e protocolización das emerxencias co obxectivo final de dar unha mellor cobertura ao paciente sumando sinerxías e experiencias que permitan afinar un protocolo común”.
As xornadas se retomarán despois do verán cun obradoiros prácticos.