Buscador

Ribeira segue ampliando os servizos básicos na parroquia de Castiñeiras
Whatsapp: Ribeira segue ampliando os servizos básicos na parroquia de Castiñeiras

Ribeira, 2 de xullo de 2025. — Esta semana o Concello de Ribeira adxudicou unha actuación para estender a rede de recollida de augas pluviais e nova pavimentación das rúas Revolta e Fonteseca da parroquia de Catiñeiras.

As Rúas Revolta e Fonteseca, presentan na actualidade un pavimento de aglomerado moi deteriorado debido principalmente ao efecto das augas superficiais sobre o mesmo. Para solucionar este problema proxéctase a instalación dunha rede de pluviais e a renovación do pavimento de ambas vías. Na rúa Revolta instalaranse 285 m de lonxitude de tubo de PVC e estenderase unha capa de 6 cm de mestura bituminosa en quente. Na rúa Fonteseca instalaranse 80 m de lonxitude de tubo de PVC e pavimentarase cunha capa de formigón puído de 15 cm de espesor.

Na actuación da rúa Revolta demolerase parcialmente o pavimento actual, para a nova rede de pluviais farase unha escavación en gabia cunha instalación tubaxe para condución de auga pluviais, colocación de pozos de rexistro, arquetas sumidoiro e entroncamento coas redes existente. 

Na pavimentación acondicionaráse a superficie, previo á aplicación dos pavimentos que será de capa de saburra artificial de 10 cm de espesor para finalizar co aplicación de capa final de aglomerado asfáltico, en toda a superficie. Na rúa Fonteseca tamén se fara a demolición parcial do pavimento de formigón actual e terá unha rede de pluviais de iguais características que a mencionada anteriormente.

O contrato de execución das obras do proxecto adxudicouse á empresa Excavaciones Nima, S.L., cun prezo total do contrato de 91.054,64 euros e cun prazo execución de 4 meses; financiado polo POS+ 2024.


Investimentos por valor de 551.000€ en dous anos

O alcalde de Ribeira, Luís Pérez Barral, destacou que “esta actuación é un paso máis na nosa aposta decidida pola mellora das parroquias, para que conten con servizos de calidade”. Esta intervención súmaselle a outras actuacións xa executadas ou en plena execución, como a mellora da contorna da Ameixida, cun investimento de 163.000 euros ou a pavimentación da rúa Curros, dotada dun orzamento de 88.000 euros ou a renovación do paseo dos Mosqueiros con 200.000€. “Estamos investindo na parroquia de Castiñeiras máis de 551.000€ e pretendemos seguir ampliando actuacións que permitan que a veciñanza ter maior calidade de vida. Seguiremos a traballar priorizando aquilo que nos demendan os veciños e veciñas”, concluíu o alcalde.