Ribeira, 3 de xullo de 2025 — As tradicionais Festas do Carme de Aguiño chegan a unha nova edición cunha Comisión de Festas nova, hoxe á convocatoria acudiron, o tenente de alcalde, Vicente Mariño, o segundo tenente de alcalde, Francisco Suárez-Puerta, o concelleiro de Mar, Fernando Abraldes, o novo presidente da Comisión de Festas de Aguiño, Julio Abraldes, máis diferentes compoñentes da mesma.
O tenente de alcalde agradeceu o labor e o traballo da anterior comisión de festas e encomiou o carácter e dinamismo da xente de Aguiño, “xa que un minuto despois de cesar a anterior comisión, xa estaba conformada unha nova nun tempo récord e tamén nun tempo récord fixeron un gran traballo que nos van a presentar a continuación”. Mariño fixo un chamamento aos veciños e veciñas da comarca para que veñan a gozar destas tradicionais Festas do Carme de Aguiño”.
A continuación Julio Abraldes tomou a palabra e comezou agradecendo ao Concello de Ribeira polo apoio recibido para a consecución das festas xunto cos patrocinadores e veciños e veciñas, anunciou que as festas se celebrarán os días, 16,17,18 e 19 de xullo onde teremos a gran sardiñada amenizada por Chiña, unha procesión marítima moi emotiva, boas orquestras, Dj´s, numeroasa actividades e diversión. O presidente da Comisión sinalou que a organización destas festas “levounos 4 meses organizalas, se houbésemos tido máis tempo aínda faríamos máis”.
A continuación, o concelleiro de Mar, anunciou que este ano tamén teremos un catamarán en Aguiño, “o do ano pasado foron de 290 prazas e o deste ano son preto de 400, pero por estabilidade e seguridade imos poder embarcar xunto coa Virxe do Carme a 370 persoas “. Abraldes informou que haberá uns boletos para a entrada no catamarán que serán repartidos na Igrexa de Aguiño, e especificou que “se terá prioridade a todas as persoas que entren na igrexa”; o catamarán fará a ruta dende o propio porto de Aguiño ata Forcadiña onde alí se fará unha ofrenda floral coma tódolos anos e neste en concreto; o Concello de Ribeira xunto coa Comisión de Festas de Aguiño decidiron que se honrará a memoria de Juan Antonio García, alias Pichón, desaparecido no naufraxio do Arcos Georgia en augas das Illas Malvinas acontecido o 22 de xullo de 2024, Pichón é o último mariñeiro de Ribeira desaparecido no mar, a súa nai María Dolores, será quen de facer a ofrenda floral.
Abraldes engadiu que a Virxe do Carme “irá acompañada de todas as embarcacións tradicionais atracadas no porto Ribeira nese día por mor XVII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia que comezará en Ribeira ao día seguinte, se calculan que podan achegarse unhas 80 embarcacións. Para rematar o concelleiro anunciou que o día 19 de xullo se celebrará a 2ª Xuntanza de Esculturas de Area para rapaces de 3 a 12 anos na praia do Rebalo; haberá agasallos para todos e todas e as inscricións se poden facer na Oficina de Turismo de Ribeira chamando ao 981 87 30 07 de 10:00 a 14:00 horas.
Pechou o acto o segundo tenente de alcalde dándolle os parabéns a Julio e a todo seu equipo “por facer esta programación de calidade en tempo récord”, Suárez-Puerta salientou que o Carme de Aguiño dentro das parroquias de Ribeira é unha das máis importantes e que ademais o Goberno dende a súa entrada está facendo por levalas ao máis alto; comezamos aportando o catamarán que nos parecería importante para revitalizar esta procesión “que é disruptiva e totalmente distinta ás que se poden ver en calquer outro lado; e este ano moito máis “porque non é doado ver unha procesión marítima con tantas embarcacións tradicionais”.