Buscador

Ribeira terá unhas festas de Agosto para tódolos públicos
Whatsapp: Ribeira terá unhas festas de Agosto para tódolos públicos

Ribeira, 4 de xullo de 2025. — Hoxe ao mediodía presentouse a programación das Festas de Verán de Ribeira coa presencia do concelleiro de Festexos, Francisco Suárez-Puerta e o presidente da Comisión de Festas, Daniel González.

O concelleiro anunciou que as festas serán dende o mércores 30 de xullo até o domingo 3 de agosto, “o mércores día 30 comezaremos co pregón dende o balcón do Concello de Ribeira; se ben, a obra e a funcionalidade do edificio non é plena, para facer o pregón estará operativo e polo tanto será o primeiro acto do novo concello”; a continuación do pregón comezará a noite das orquestras, “teremos tres orquestras de primeiro nivel, ás 10:30 horas tocará O Combo Dominicano nun pase único na Praza de Pontevedra, en Bandourrío, ás 10:30 horas na Praza de España a Orquestra Finisterre e ás 12:00 horas nun pase único a Orquestra Capitol no Malecón”. 

Na xornada do xoves 31 de xullo ás 16:00 horas, teremos como novidade a celebración da 1ª Travesía a Nado Cidade de Ribeira con volta á Insua e saída dende o paredón, haberá categorías benxamín, alevín, infantil e junior; ás 23:00 horas tocarán na Porta do Sol, Lichis & Due Country Cavalieri un grupo do solista de La Cabra Mecánica, despois a Orquestra Kubo na Praza de España ás 12:00 horas; o venres 1 de agosto teremos á Coral Polifónica Municipal na porta do Sol as 13:00 horas, xa pola  noite a partir das 23:00 horas as actuacións de Huecco e Galician Army na explanada da Lonxa Vella, e paralelamente á mesma hora en Bandaorrío a Orquestra New York.

O sábado 2 de agosto ás 11:00 h na Praza do Concello terá lugar unha actividade infantil con circuito sensorial de Agape, a esa mesma hora na rúa de Galicia a Tenda-Galería o Faiado ofrecerá una mostra de pintura ao vivo coa colaboración de varios artistas do Barbanza, ás 11:30 horas teremos o mercadillo solidario A Creba en Rosalía de Castro, ás 13:00 horas terá lugar a actuación dos alumnos de PoPs School na Porta do Sol; xa pola tarde teremos a Misa Solemne na Honra da Virxe do Carme coa tradicional Procesión Marítima onde colaboran a asociación Alfaia xunto coas Amas de Casa, xa pola noite a partir da 23:30 horas haberá dous concertos en Bandaorrío, "o ano pasado fixemos tributo ao flamenco e neste ano toca á música cubana con Son de Camawey" que tocarán música tradicional cubana cun elenco de artistas facendo ao vivo puro son cubano a continuación tocará a banda tributo a Andrés Calamaro, Alta Honestidad. Nesta mesma noite de sábado tocará na praza de España a Orquestra Marbella.

Xa para rematar as festas o domingo 3 se fará a Gran Sardiñada no Parque de Avesadas a partir das 13:30 horas coa actuación do grupo local Drippers, ás 18:00 horas teremos unha sesión de Dj “Remember Callejón” con música dos 80 e 90 ao carón do Museo Municipal até as 21:00 horas; a partir das 22:00 horas tocará a Orquestra Platinum no Malecón para das paso á media noite do Combate Naval coa espectacular queima de fogos de artificio.

O concelleiro de Festexos rematou definindo que serán unhas festas de gran variedade e de estilos musicais diversos, “traemos sete orquestras para cinco días, tres artistas de nivel contrastado, músicos de sontradicional cubano, tamén apostamos polo talento local, apostamos por unha nova travesía a nado e coidamos todas a tradiciós de sempre das Festas do Verán”.

O presidente da Comisión de Festas matizou que os hinchables para os nenos van a ser  moi variados e moitos disporán de auga, polo cal será preciso levar á cativada preparada".  González tamén falou da 1ª Travesía a Nado Cidade de Ribeira e agradeceu ao Club de Natación Ribeira por presentar esta iniciativa onde poderán facer a inscrición na oficina de turismo do Malecón 15 días antes ou dúas horas antes o mesmo día no paredón.

O presidente falou seguimos co obxectivo de facer unhas festas diversas, en canto a contido e utilización de diferentes espazos da cidade, "nos parece xusto que tódolos recunchos teñan o seu espazo de festa para que toda a veciñanza se sinta partícipe". Rematou agradecendo ao Concello de Ribeira polo traballo e tamén a tódolos compoñentes da comisión, patrocinadores e colaboradores.

Documentos