Ribeira, 11 de agosto de 2025 — Hoxe celebrouse a presentación desta travesía que cumpre trinta anos, á presentación asistiron, concelleiro de Deportes, Xabier Vidal, a presidenta do Club de Natación Ribeira, María Villar xunto ao adestrador do club, Juan Carlos Ageitos.
O vindeiro venres 15 de agosto terá lugar esta clásica travesía á altura do bar da praia de Coroso a partir das 11:00 horas da mañá, o concelleiro resaltou o ambiente familiar da competición que é de carácter popular; “coa intención de vivir e promover os hábitos saudables e a natación en Ribeira”. Vidal informou que xa hai maís de cen inscritos e que o prazo para as inscricións estará aberto ata mañá día 12 de agosto até as 00:00 horas na páxina:
https://inscripciones.galitiming.com/inscripcion/xxx-travesia-a-nado-praia-de-coroso-2025/
Para finalizar o concelleiro animou a veciños, veciñas e visitantes a participar na travesía.
A continuación tomou a palabra o adestrador de club, Juan Carlos Ageitos para informar dos detalles técnicos da travesía na que a recollida de dorsais terá lugar de 9:30 a 10:45 horas, o comezo das probas ás 11:00 horas e a entrega de premios ás 14:00 aproximadamente.
As distancias serán de 2.500 m para nados 2009 e anteriores; 1.250 m para nados no 2013 e anteriores; 400 m para nados 2014 e posteriores e 150 m aproximadamente para nados en 2015 e posteriores (non competitiva). As categorías por ano serán, Benxamín 2015 e 2014, Alevín 2013 e 2012, Infantil 2011 e 2010, Xunior de 2009, 2008 e 2007, Absoluta de 2006 a 1995, Master 1 de 1994 a 1980, Master 2 de 1979 a 1965, Master 3 de 1964 e anteriores.
Os premios para 150 m non competitiva consistirá nunha medalla para tódolos participantes, en 400 m será medalla para tódolos participantes e medalla/trofeo para os 3 primeiros masculino e feminino benxamín.
En remudas mixtas terán medalla/trofeo para os 3 primeiros equipos, en 1.250 m medalla/trofeo para os 3 primeiros masculino e feminino alevín, infantil, popular e inclusivo, en 2.500 m medalla/trofeo para os 3 primeiros masculino e feminino de cada categoría, incluída a categoría inclusiva que se incorpora nesta edición; ademais nesta proba de 2.500 m haberá premio económico para os 3 primeiros homes e as 3 primeiras mulleres en pasar o arco de meta independentemente da súa categoría (1º Clasificado/a: 200 euros, 2º Clasificado/a: 150 euros e 3º Clasificado/a: 100 euros).
Ageitos anunciou que “neste ano como novidade polo noso 30º Aniversario, incluiremos unha proba de Remudas Mixtas de 400m. Cada remuda deberá constar de 4 nadadores nados no 2014 e anteriores, é deberá constar polo menos dun nadador feminino (1F-3M, 2F-2M ou 3F-1M)”.
A presidenta do Club Natación Ribeira, María Villar agradeceu “un ano máis e neste especialmente xunto á concellería de Deportes colaboración do Concello de Ribeira”. Destacou especialmente a incorporación da categoría inclusiva nesta trixésima edición; nos parece moi importante que as persoas con diversidade funcional poidan participar na travesía”. par rematar animou aos veciños e veciñas a inscribirse na travesía e especialmente este ano invitou ás persoas con diversidade na categoría inclusiva.