Buscador

Ribeira agradece e incide á veciñanza no consumo responsable da auga
Whatsapp: Ribeira agradece e incide á veciñanza no consumo responsable da auga

 · Ribeira duplica o seu consumo durante os meses de verán

Ribeira, 22 de agosto de 2025 — Hoxe tivo lugar un rolda de prensa para informar sobre o consumo responsable da auga no Concello de Ribeira; asistiron a concelleira de Servizos Municipais, Tania Redondo, o segundo tenente de alcalde, Francisco Suárez-Puerta, o concelleiro de Sanidade, Juan Luis Furones e o Xefe de Servizo de Viaqua, Daniel Tubío.

A concelleira de Servizos Municipais tomou a palabra e comezou agradecendo á veciñanza de Ribeira o esforzo que xa vén facendo polo consumo responsable da auga; “grazas a esa colaboración, estamos a conseguir reducir un gasto innecesario e protexer un recurso fundamental para todos e todas.

Redondo informou que a situación segue a ser delicada e por iso “pedímosvos manter e reforzar o consumo responsable con algúns xestos sinxelos como pode ser; procurar unhas duchas máis curtas, pechar as billas cando non se usen, evitar o uso de mangueiras para lavar coches ou regar –empregar cubos no seu lugar—, arranxar posibles fugas en vivendas e negocios, regar só en horas de menor evaporación, —pola mañá cedo ou á noite— ou reutilizar a auga sempre que se poida.

A concelleira salientou que Ribeira se abastece de Padrón polo cal é o último municipio en chegar a auga de toda a rede, Tania falou das consecuencias dun hipotético escenario de incendios nalgunhas das vilas da propia rede “quedaríamos sen subministro durante un tempo”.

A concelleira rematou dando novamente as grazas á veciñanza  pola responsabilidade e compromiso e rematou a súa intervención coa alegación; “cada gota conta, con pequenas accións de todos e todas, aseguraremos o abastecemento no presente e tamén para o futuro”.

Pola súa banda o Xefe de Servizo de Viaqua dou as grazas ao Concello, “pola colaboración que está tendo con nós á hora de sacar esta campaña de concienciación e as medidas que estamos a levar a cabo de maneira conxunta para que podamos manter o servizo á cidadanía que é o principal leitmotiv que temos dende Viaqua”.

Tubío explicou que xunto a está medida conxunta co concello, Viaqua esta levando a cabo medidas extraordinarias que non se realizan noutra época do ano porque cabe contextualizar…, “que o abastecemento de auga en Ribeira duplica o seu consumo durante os meses de verán con respecto ao inverno; isto é moi importante porque os recursos son limitados, as tubaxes das que dispoñemos son as mesmos durante todo o ano e isto provoca avarías intempestivas e problemas no abastecemento puntuais que non queremos que cheguen a máis”. Con todo o argumentado, explicou Daniel, estase a implementar unha serie de medidas como facer un seguimento a tempo real de tódolos consumos e unha campaña especial de verán de detección de fugas cun incremento de recursos técnicos e humanos á hora de detectar estas fugas.

En colaboración co Concello lévanse a cabo unha serie de medidas como poden ser o corte dos regos municipais, un maior control das duchas das praias ou a redución dos baldeos nas rúas. Tubío rematou agradecendo á poboación de Ribeira, “porque se está vendo unha lixeira redución do consumo da auga e iso é importante para que podamos manter o servizo”. Dende Viaqua, se pide a poboación manterse en liña co consumo responsable e no futuro se adoptaran novas medidas en caso de ser necesarias.

Suárez-Puerta apelou ao uso racional dentro dos medios que hai no Concello, tamén significou que Ribeira está vendo un incremento significativo do turismo “que como cidade e como infraestrutura; estamos pouca a pouco dotándonos; pero non estamos totalmente preparados para asumir este aluvión de turistas que estamos encantados de recibirlos; pero tamén ten unhas consecuencias e un exemplo é o caso que nos ocupa”. O concelleiro agradeceu e animou a veciños e veciñas a seguir facendo un uso responsable do auga.

O concelleiro de Sanidade explicou estas medidas son de carácter preventivo, “algunha son máis difíciles que cumprir que outras pero o esforzo ben merece a pena”.  Filamente Furones puxo en valor o esforzo conxunto de Viaqua, administración e veciñanza.
 

Documentos