Buscador

A Virxe do Carme do Bo Pastor volve a navegar pola ría.
Whatsapp: A Virxe do Carme do Bo Pastor volve a navegar pola ría.

Ribeira, 24 de agosto de 2024. --- A parroquia de Castiñeiras está a celebrar esta fin de semana as súas Festas do Verán, se o venres foi o día do Sagrado Corazón e onte o de San Cristovo, hoxe tocoulle á Virxe do Carme que celebrou a súa misa solemne na Igrexa do Bo Pastor ás 11:00 horas onde acudiron numerosos fieis máis as autoridades, como o alcalde, Luís Pérez, o tenente de alcalde, Vicente Mariño xunto a diferentes edís da Corporación Municipal.

Hoxe foi un día moi especial para a parroquia de Castiñeiras xa que despois de preto de 10 anos, a Virxe do Carme saía en procesión marítima. A procesión estivo precedida dunha misa cantada na súa honra levada a cabo polo párroco de Castiñeiras, Ricardo Villaverde na que destacou a sincronía do mesmo xunto ao coro parroquial do Bon Pastor e o grupo de gaitas Salgueiriños rematando cunha emocionante Salve Mariñeira coral.

A novidade deste ano partiu da concellería de Mar capitaneada por Fernando Abraldes que recolleu a petición dos veciños e veciñas da parroquia para habilitar un catamarán que levase a Virxe do Carme despois duns longos anos sen facelo. Para elo contratouse un catamarán de 120 prazas no que os tickets de entrada foron repartidos polo propio concelleiro ás 10.40 horas antes do comezo da misa.

Ao remate da misa comezou a procesión que discorreu polas costeiras e estreitas rúas de Castiñeiras baixando pola rúa Real de cara ao porto onde se embarcou á Virxe do Carme momento en que comezou a procesión marítima coa compañía de embarcacións para chegar á altura da Ameixida no que se procedeu á tradicional ofrenda floral na honra dos mariñeiros desaparecidos.

Xa de volta ao peirao a Virxe cheugo novamente á Igrexa do Bo Pastor para o gozo e delicia do veciños e veciñas que tiveron a oportunidade de vela novamente navegando pola ría.