Escolas Deportivas de Inverno 2026-2027

O Concello de Ribeira ofrece un total de 12 disciplinas deportivas para seguir promovendo a actividade física entre a rapazada durante o inverno no curso 2026-2027. Atletismo, baloncesto, balonman, kempo, nada e corre, multideporte/psicomotricidade, pádel, patinaxe artística, tenis, voleibol, xadrez e ximnasia acrobática son as distintas modalidades nas que poden inscribirse os nenos e nenas ribeirenses.
O período de renovación abrangue do 14 ao 18 de setembro, mentres que as novas matrículas se formalizarán do 21 ao 25 de setembro.
As bases e o formulario de renovación están dispoñibles na páxina web municipal.

Documentos