Buscador

Abertas as inscricións para as terceiras Xornadas “Muller e Saúde”
Whatsapp: Abertas as inscricións para as terceiras Xornadas “Muller e Saúde”

· As xornadas desta edición estarán centradas na maternidade

Ribeira, 22 de setembro de 2025. —  Hoxe ao mediodía tivo lugar a presentación da terceira edición das Xornadas “Muller e Saúde”. Á convocatoria acudiron, a concelleira de Educación e Formación, Cruz Rivadulla xunto á asesora legal do CIM (centro de Información á Muller), Dolores Crujeiras.

 

A concelleira informou que o programa está artellado pola Escola Galega de Saúde, “e dende o CIM, con esta edición,  levamos participando tres anos no programa que está sempre vinculado á muller e a súa saúde. O programa se vai a desenrolar durante todos os venres do mes de outubro na casa da Xuventude e constará de catro sesións; a primeira será a maternidade –o embarazo e parto–, o segunda será o puerperio –coidados para a recuperación física e emocional da nai–, a terceira será a lactancia materna --a lactancia materna e os coidados do recén nado–, a cuarta e última será depresión posparto –identificar, prever e tratar a depresión posparto–.

Rivadulla salientou que é un tema que debemos tratar, porque moitas veces damos por suposto que o proceso é algo natural pero moitas veces as nais encóntranse con dificultades e dúbidas que poderán despexar nestas sesións enfocadas nun principio para todas as mulleres preferentemente, tamén poderán asistir homes que vaian a ser pais.

Crujeiras valorou que o obxectivo deste programa é “promover a saúde das mulleres e aumentar a súa calidade de vida”, para iso o programa facilitará ferramentas para que as mulleres se empoderen e sexan suxeitos activos respecto da súa propia saúde, tamén para aumentar os vínculos sociais das mulleres participantes, potenciando a súa autoestima e seguridade persoal e finalmente contribuír ao coñecemento e aproveitamento dos activos existentes para a saúde.

 

Lugar de celebración: Casa da Xuventude, Avda da Constitución, nº 3  Ribeira

Datas:

10 de outubro do 2025- 1ª Sesión de 17.00 – 20.00 horas

17 de outubro do 2025- 2ª Sesión de 17.00 – 20.00 horas

24 de outubro do 2025- 3ª Sesión de 17.00 – 20.00 horas

31 de outubro do 2025- 4ª Sesión de 17.00 – 20.00 horas


 

Programa:

1ª Sesión- A Maternidade

O embarazo e o parto: cambio físicos e emocionais durante o embarazo; sangrados e ameazas de aborto, que debe saberse, fases do parto, técnicas de control da dor, desmontar tabús.

2ª Sesión-O Puerperio

 O puerperio: coidados para a recuperación física e emocional da nai, recuperación tras unha cesárea, coidados da cicatriz, técnicas para calmar ao bebé e que mellore o sono de ambos.

3ª Sesión-Lactancia Materna

A Lactancia materna e os coidados do recen nado: a importancia da lactancia materna para a saúde e o benestar do bebé; técnicas para aleitar de forma efectiva, alimentación, hixiene e manexo do bebé.

 Profesorado: Sonia Gonzalez Castroagudin- Matrona  da Área Sanitaria de Santiago

4ª Sesión-Depresión Postparto

A chamada depresión posparto: identificar, prever e tratar a depresión posparto, coñecer os síntomas, factores de risco e tratamentos, a importancia do apoio social e atención integral ás nais. A influencia dos patróns culturais

 Profesorado:Raquel Gonzalez Castroagudin- Facultativo especialista da Área Sanitaria de Santiago.


Inscricións

Online: https://bit.ly/46yxYTB

Correo: ribeiradinonvx@ribeira.gal

Teléfono: 679 30 61 88