Buscador

A aula CeMIT de Ribeira presenta a programación de outono onde se incrementara o nivel dos cursos 
Whatsapp: A aula CeMIT de Ribeira presenta a programación de outono onde se incrementara o nivel dos cursos 

Ribeira, 24 de setembro de 2025 — Hoxe pola mañá presentouse a programación de outono do aula CeMIT de Ribeira, coa presenza do concelleiro de Novas Tecnoloxía, Francisco Suárez-Puerta acompañado polo concelleiro de Sanidade, Juan Luis Furones. 

 

O conselleiro de Novas Tecnoloxías indicou que estes cursos están programados para o meses de outubro e novembro, divididos en dous niveis; o mes de outubro constará dunha serie de actividades de iniciación e de informática básica e o mes de novembro “xa imos traballar nun nivel intermedio moi demandado polos usuarios que aspiran a ir subindo o nivel dos contidos pouca a pouco”. 

Cursos aula CeMIT – Outubro 2025 

Do 1 ao 24 de Outubro – Luns, Mércores e Venres – De 09:30 a 11:00 h.: Curso preparatorio do COMDIX nivel Iniciación (15 horas) – Curso orientado para preparar aquelas persoas que queiran facer o exame para obter o Certificado de Competencias Dixitais (COMDIX) nivel Iniciación, que terá lugar na Aula CeMIT os días 29 e 30 de Outubro. 

O curso divídese nos 6 bloques temáticos que integran a proba COMDIX iniciación: 

1. Coñece o entorno dixital – Manexo e comprensión básica do entorno dixital. 

2. Ten a información sempre a man – Organización e xestión eficiente da información dixital. 

3. Tecnoloxías dixitais – Uso das ferramentas, dispositivos, sofware básico... no noso día a día. 

4. Participa na sociedade dixital – Interacción e colaboración en entornos dixitais (redes, medios online, participación cidadá) 

5. Crea contido dixital – Creación de contidos dixitais, ferramentas creativas, produción de materiais dixitais. 

6. Atopa o benestar dixital – Seguridade, privacidade, equilibrio no uso dixital, ciberseguridade, bo uso da tecnoloxía. Neste punto Suárez-Puerta 

significou que no tema da ciberseguridade cada vez estamos facendo maior fincapé xa que a policía nacional nos transmite polas propias estadísticas “que son unhas serie de delitos en constante ascenso por iso é importante formar aos nosos veciños/as para que pouca a pouco vexamos reducidas esas taxas” 

 

Do 1 ao 24 de Outubro – Luns, Mércores e Venres – De 11:30 a 13:00 h.:  Curso de Informática Básica (15 horas) – Curso de iniación a LibreOffice, Internet básico, creación e uso do correo electrónico... orientado para persoas que non estén familiarizadas co uso do ordenador, de nivel moi básico: 

• Aprender a diferenciar e a usar as diferentes partes ou compoñentes do ordenador. 

• Aprender a utilizar as distintas aplicacións e programas instalados (sobre todo LibreOffice: 

writer, calc, impress). 

• Aprender a navegar pola red de forma segura, manexo do buscador Google, correo 

electrónico e Drive. 

Do Martes 21 ao Xoves 23, de 10:00 a 12:30 h. – Obradoiro “A Miña Banca Dixital: fácil e segura”. 

É un curso promovido pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), quen solicitou a colaboración dos responsables das Aulas CeMIT que quixeran participar, “para formalos no curso e ter as ferramentas necesarias para poder impartilo cada un na súa Aula”, apuntou Colomer. 

Neste curso aprenderase a: 

• Recoñecer as vantaxes que ofrece a banca pola Internet. 

• Identificar un sitio seguro para realizar as transaccións económicas oportunas. 

• Coñecer, localizar e pór en práctica os principais servizos que ofrecen as entidades bancarias a través da Internet. 

• Prácticas con simuladores web, app e caixeiros automáticos. 

O curso consta de 3 bloques formativos, de 2 horas e media cada un: 

Seguridade: temas relacionados con ciberseguridade, novas falsas, timos, fishing etc. 

Práctico banco online: uso da banca no móbil e no ordenador, pagos etc. 

Práctico caixeiros: uso do caixeiro automático a través de simuladores. 

 

Luns, 27 de Outubro, de 12:00 a 13:00 h. - “Aprende a descargar APPs en tódolos teus dispositivos”. 

Taller impartido pola Federación Galega de Asociacións Universitarias Sénior (FEGAUS), orientado para persoas maiores de 55 anos, coa finalidade de aprender a buscar, atopar, descargar e instalar de maneira correcta as APPs que queiran, en calqueira dos seus dispositivos. 

Mércores 29 de Outubro – Probas para acadar a certificación de Competencias Dixitais 

(COMDIX) nivel Iniciación: 

Hai 2 quendas: 

• De 10:00 a 12:00 h. 

• De 12:00 a 14:00 h. 

Xoves 30 de Outubro – Probas para acadar a certificación de Competencias Dixitais (COMDIX) 

nivel Iniciación: 

Hai 2 quendas: 

• De 10:00 a 12:00 h. 

• De 12:00 a 14:00 h 

 


 

Cursos aula CeMIT – Novembro 2025 

Do 3 ao 24 de Novembro – Luns, Mércores e Venres – De 09:30 a 11:00 h.: Curso preparatorio do COMDIX nivel Intermedio (15 horas) – Curso orientado para preparar a aquelas persoas que queiran facer o exame para obter o Certificado de Competencias Dixitais (COMDIX) nivel Intermedio, que terá lugar na Aula CeMIT os días 26 e 27 de Novembro. 

O curso divídese nos 5 bloques temáticos que integran a proba COMDIX intermedio: 

1. Información e datos: Navegar, atopar, filtrar, evaluar, verificar e manexar a información, datos e contidos dixitais. 

2. Comunicación e colaboración: Uso de ferramentas de comunicación dixitais, identidade dixital (mensaxería, videoconferencias, redes sociais, conectarse coa Administración Pública, protexer a identidade dixital, Netiqueta...) 

3. Creación de contido dixital: Crear e editar contidos dixitais multimediais, integración de medios, uso de licencias, distintos usos dos distintos formatos (traballos con texto, imaxes, blogs, licencias – Creative Commons, dereitos de autor – ferramentas de edición...) 

4. Seguridade e privacidade: Proteción de datos persoais, de dispositivos, privacidade en internet, riesgos dixitais (contrasinais, autenticacións...) 

5. Entorno dixital e resolución de problemas: Resolución de problemas dixitais, adaptación ao cambio tecnolóxico, uso eficaz de ferramentas no entorno dixital xeral (solucionar problemas de conectividade, problemas comúns do software e do hardware...) 

 

Do 3 ao 24 de Novembro – Luns, Mércores e Venres – De 11:30 a 13:00 h.: Curso de Informática nivel Medio/Avanzado (15 horas) – Curso de perfeccionamento en LibreOffice, uso avanzado de Internet e Correo electrónico, Intelixencia Artificial... orientado só para persoas que xa teñan unha base moi sólida e un nivel medio/avanzado. 

LibreOffice: 

• Writer: estilos, índices automáticos, referencias cruzadas, combinación de correspondencia. 

• Calc: funcións avanzadas, táboas dinámicas, gráficos e análise de datos. 

• Impress: deseño con modelos, integración de imaxes, vídeo e audio, presentacións dinámicas. 

Internet: Procuras eficientes con operadores en Google, uso de marcadores, historial e extensións do navegador, seguridade na navegación: control de cookies, privacidade e navegación anónima, ferramentas de colaboración na nube (Google Drive, OneDrive)... 

Correo electrónico avanzado: Configuración e uso de clientes de correo (ex. Thunderbird, Outlook), filtros, etiquetas e regras automáticas, xestión avanzada de contactos e listas de distribución, uso de sinatura dixital e cifrado básico de mensaxes. 

Intelixencia Artificial aplicada: Conceptos básicos de IA e o seu uso cotián, ferramentas de IA para ofimática (resumos, redacción, análise de datos), xeración de imaxes e presentacións con IA, precaucións éticas e de seguridade no uso da IA. 

 

Mércores 26 de Novembro – Probas para acadar a certificación de Competencias Dixitais (COMDIX) nivel Intermedio: 

Hai 2 quendas: 

• De 10:00 a 12:00 h. 

• De 12:00 a 14:00 h. 

Xoves 27 de Novembro – Probas para acadar a certificación de Competencias Dixitais (COMDIX) nivel Intermedio: 

Hai 2 quendas: 

• De 10:00 a 12:00 h. 

• De 12:00 a 14:00 h 

 

Suárez-Puerta apelou á política de ir subindo de nivel pouco a pouco “aprender a utilizar follas de cálculo e procesadores de texto no ano 2025 xa non nos parece que sexa unha cousa primordial senón que temos que pensar en que a xente acade as capacidades suficientes para poder empregar con soltura tanto terminais móbiles ou a día de hoxe como é unha tecnoloxía disruptiva somos as IAS para que a xente aprenda a empregalas de forma segura nunha práctica habitual”. 

Pola súa banda o concelleiro de Sanidade salientou que as condutas aditivas agora; non só son as derivadas do consumo de sustancias senón que “agora comezamos a ter problemas moi serios derivados de as condutas aditivas sen o uso de sustancias; aplicacións móbiles, xogo online, pornografía, a ludopatía e outras que se están a ver cada vez máis”. O concelleiro sinalou que dende a UCA xa se están atendendo este tipo de adicións dixitais, “son temas que están ocultos até que estalan na contorna familiar pero iso todo o que sexa traballar en prevención e formación é vital para estes casos”. 


Inscricións: 

Teléfono: 981 87 60 43 

Correo: cemit.ribeira@xunta.gal 

Web: https://cemit.xunta.gal/gl/centros/ribeira