Buscador

O Tintubro chega novamente a Ribeira para os amantes do debuxo
Whatsapp: O Tintubro chega novamente a Ribeira para os amantes do debuxo

Ribeira, 26 de setembro de 2025 — No día de hoxe a concelleira de Xuventude, Antía Alberte xunto coa ilustradora e deseñadora Thais Forjan presentaron a segunda edición de Tintubro.

 A concelleira de Xuventude informou que é un reto de debuxo que se fai nas redes sociais en especial en Instagram seguindo unha listaxe de palabras e “se trata de facer un debuxo diario a tinta ou noutras variedades menos en intelixencia artificial”. Nesta segunda edición continúan as mesmas bases do ano pasado; “trátase de facer o reto completo para poder participar no sorteo que se fará ao final do mesmo; haberá que ter unha conta aberta en Instagram para que dende as redes de Xuventude poidamos contrastar que se cumpre o reto por parte dos participantes e sempre etiquetando ao Instagram de @xuventude_ribeira xunto cos hastags #tintubroderibeira2025 e  #xuventuderibeira”. Ao finalizar o reto se fará o sorteo con tódalas contas participantes das cales tres, van a ser as gañadoras e se lle entregará o cadanseu bono valorado en 75 euros para gastar nunha tenda de belas artes de Ribeira.

Alberte tamén informou que as contas de Instagram poden ser con nomes ficticios “isto facémolo para facilitar que xente nova que é menor de idade poda participar no reto”.

Para finalizar a súa quenda de palabra a concelleira animou a toda a xuventude a participar e recomendou facer o traballo en A5 e ir directamente a primeira idea que xurda para que sexa máis sinxelo para desenrolar o debuxo tódolos días, “porque somos conscientes que é duro facer un debuxo diario e seguir na constancia”.

Este ano como novidade vaise participar na listaxe do Tintubro que elaboran Thais Forjan e Elena López que son moi coñecidas nas redes sociais polo Tintubro galego.

Forjan falou que o seu proxecto de Tintubro comezou no 2021, “con gañas de organizar algo e facer un pouco de rede entre outra xente interesada pola ilustración e o debuxo coma nós”. A deseñadora salientou que o reto está inspirado no InkTober , “só que nós lle dimos un reviravolta para que o reto se fixera máis ameno, polo que decidimos facer dúas formas de xogar; por unha parte conservar a orixinal e facer un debuxo por día ou xogar en grupos de seis”. Par rematar Thais sinalou que o cartaz coa listaxe está dividido en cinco temáticas, “máis o Samaín que vai aparte”.