Buscador

Lectura dramatizada de “Don Juan Tenorio” no cemiterio de Ribeira
Whatsapp: Lectura dramatizada de “Don Juan Tenorio” no cemiterio de Ribeira

Ribeira, 9 de outubro de 2025 — Antía Alberte (Concelleira de Cultura) e Óscar Romero Martínez (Director do grupo municipal de teatro) acompañados de membros do GMT) presentaron a nova estrea do Grupo Municipal de Teatro de Ribeira, que será unha lectura dramatizada de DON JUAN TENORIO de José Zorrilla.

 

Despois de varios anos xirando por toda a comunidade cos espectáculo “Criaturas” e “O Rei Telesforo busca noiva e quere noivo”, o GMT aposta de novo polo xénero clasico cun drama romántico en verso, neste caso en forma de leitura dramatizada, desta volta no día de Todos os Santos, o sábado 1 de novembro e nun entorno especial, o Cemiterio Municipal de Ribeira.

Don Juan Tenorio, de José Zorrilla, trátase dun drama romántico en verso, tamén clasificado como drama religioso-fantástico. Estreouse en 1844, é unha obra teatral en dúas partes que segue a tradición do Romanticismo español, destacando a importancia dos sentimientos, a maxia e os elementos sobrenaturais, e que se centra na figura do seductor que busca a salvación a través do amor verdadeiro.

Trátase dunha montaxe que o propio grupo tiña moitas gañas de facer fai xa tempo pois cabe sinalar que é unha tradición de Todos os Santos respresentar o Don Juan nos cemiterios, algo que é habitual en Andalucía (Sevilla, cidade na que transcorre a peza teatral), nas dúas Castelas ou Madrid, onde é famosa a representación que se leva a cabo en Alcalá de Henares.

A representación de Don Juan Tenorio en cemiterios durante a festividade de Todos os Santos e o Día de Difuntos é una tradición cultural española que se consolidou a finais do século XIX, ligada aos temas da morte, a redención e os fantasmas, que son centrais na segunda parte de la obra de Zorrilla. A ambientación nun cementerio aproveita os elementos dramáticos e románticos da obra, facendo da visita un rito colectivo de gran éxito no Estado Español. Cabe sinalar, que só temos coñecemento da realización deste espectáculo en Lugo e A Coruña en canto a cemiterios de Galicia.
Na montaxe participarán quince compoñenes, membros do grupo municipal de teatro; algúns levan xa décadas na agrupación e participaron na anterior lectura dramatizada estreada eo 23 de decembro de 2024, “Conto de Nadal” no auditorio municipal ademais de en “Criaturas”. A duración da obra será de aproximadamente 100 minutos.

Estrea o sábado 1 de novembro, no cemiterio municipal de Ribeira, con entrada gratuíta no mesmo lugar no que se disporán cadeiras para os asistentes a partir de media hora antes.
A función será ás 19:00 h e a obra está recomendada para maiores de 12 anos.

O grupo realizará outra función en Ribeira, posiblemente antes da primavera, estreando no auditorio. Comentar tamén que este domingo comezará novamente a xirar con “Criaturas” por distintas vilas e cidades da provincia da Coruña a través da Rede Cultural da Deputación, será
concretamente no auditorio municipal de Narón, este domingo 12 de outubro, ás 19 h con entrada de balde, inaugurando a súa Mostra de Teatro Afeccionado 2025; tamén realizarán funcións en Boqueixón, O Pedroso e Rianxo entre outros lugares, funcións das que se irá dando
conta publicamente.

Quero agradecer o traballo levado a cabo por Oscar Romero e todo o elenco do grupo municipal de teatro ao longo deste tempo e de paso anunciar que estaba previsto en xaneiro abrir un novo prazo para que a xente, maior de idade, que queira incorporarse ao grupo poida facelo.
Agardamos que teña moito éxito e que ao igual que co anterior espectáculo conten con gran asistencia por parte do público ribeirense e da contorna.