Buscador

O Concello de Ribeira mellorará a pavimentación e abastecemento na rúa Agriña, en Palmeira
Whatsapp: O Concello de Ribeira mellorará a pavimentación e abastecemento na rúa Agriña, en Palmeira

Na senda de mellorar as prestacións das parroquias do municipio, o Concello de Ribeira saca a licitación a pavimentación e renovación da rede de abastecemento na rúa Agriña, en Palmeira.

En consecuencia, procederase primeiro á instalación de 395,00 metros de tubaxe para a condución de auga potable e equipamento necesario, renovando as acometidas domiciliarias e entroncando coas redes existentes para, posteriormente, aplicar o pavimento final de aglomerado asfáltico en quente en toda a calzada, nunha superficie de 2.838,00 metros cadrados. Os traballos finalizarán co pintado da sinalización horizontal. A duración das obras será de dous meses.

Esta actuación atópase ao abeiro do POS+2025 cun orzamento de licitación de 115.973,84 euros, IVE incluído. O prazo para presentar as ofertas remata ás 23.59 horas do 25 de novembro a través do Sistema de Licitación Electrónica da Xunta de Galicia (SILEX).