Buscador

Convocatoria de subvencións a entidades culturais 2025
Whatsapp: Convocatoria de subvencións a entidades culturais 2025

O Concello de Ribeira informa da publicación da nova convocatoria de subvencións destinada a entidades e asociacións de carácter cultural sen ánimo de lucro radicadas no noso municipio.

Esta liña de axudas conta cun orzamento global de 18.000 euros.

A finalidade é contribuír a financiar a celebración de actividades culturais do ano 2025.

O prazo de presentación das solicitudes é dun mes dende o día seguinte ao da publicación de dita convocatoria no Boletín Oficial da Provincia da Coruña (BOP), número 217, do 12 de novembro de 2025.

Deberase formalizar de maneira telemática xunto coa instancia xeral e demais documentación na sede electrónica municipal.

Poden consultar as bases que regulan esta convocatoria no propio BOP.

Tamén poden resolver tódalas dúbidas no propio Centro Cultural Lustres Rivas.