Buscador

O Concello de Ribeira colabora con Sachos á Rúa para a implantación dun bosque comestible en San Roque
Whatsapp: O Concello de Ribeira colabora con Sachos á Rúa para a implantación dun bosque comestible en San Roque

O parque periurbano de San Roque acollerá unha nova iniciativa que busca a creación dun bosque comestible promovida por Sachos á Rúa, coa colaboración co Concello de Ribeira.

Un bosque comestible é un ecosistema deseñado para imitar a estrutura e a función dun bosque natural, con diferentes especies botánicas que producen alimentos e outras materias primas. 

A este respecto, o concelleiro de Medio Ambiente, Víctor Reiriz, explica que "nesta primeira fase colaboramos cedendo o terreo para a implantación desta proposta, se ben xa estamos estudando outras vías para contribuír a que medre o proxecto e se consolide cara o vindeiro ano."

Este proxecto desenvolverase a partir da vindeira semana nos martes, de 11.00 a 13.00 horas, e nos sábados, de 10.00 a 14.00 horas.

As persoas interesadas en sumarse poden anotarse a través do teléfono de contacto 663 562 818.