
A Casa da Xuventude de Ribeira será escenario no domingo, 14 de decembro, dunha xornada de xogos de mesa organizada pola Concellería de Xuventude e o Club Deportivo Marquiño. Este encontro desenvolverase en horario de mañá e de tarde: de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas.
"Trátase dunha iniciativa dirixida a veciños e veciñas a partir de 8 anos co obxectivo de ofrecer alternativas de lecer nesta época outonal, especialmente dirixida á xente moza. Este tipo de propostas tamén contribúe á mellora de habilidades como a socialización, a capacidade estratéxica, a aplicación de tácticas, a memoria ou a atención, entre outros aspectos", en palabras da concelleira de Xuventude, Carmen Pérez, quen adianta que en vindeiras datas anunciaranse outras accións de natureza similar coa finalidade de seguir "dinamizando a Casa da Xuventude para convertela nun punto de encontro para a rapazada e mocidade do noso municipio."
Máis información e inscricións a través do enderezo electrónico xadrezbretema@gmail.com.