Buscador

A unidade móbil para a doazón de sangue estará en Ribeira no 2 e 3 de xaneiro
Whatsapp: A unidade móbil para a doazón de sangue estará en Ribeira no 2 e 3 de xaneiro

A unidade móbil para a doazón de sangue estará no venres, 2 de xaneiro, na praza dos Mariñeiros de Ribeira (a carón do Instituto Social de la Marina). Será en horario de 10.15 a 14.00 e de 16.15 a 21.00 horas. Ademais, no sábado, 3 de xaneiro, o horario será de 10.15 a 14.30 horas.

Para doar sangue hai que almorzar e, despois de xantar, esperar dúas horas. Ademais, débese asistir coa tarxeta de doazón, o DNI ou un documento similar. No caso de tomar algún medicamento, é preciso informar ao médico.

Tamén se dispón do teléfono gratuíto 900 100 828 para solicitar información.