Felicitación das festas de Nadal 2025-2026

O Nadal é sinónimo de reencontros moi agardados, de compartir, de brindar por todo o vivido e por todo o que está por vir... En definitiva, é momento de desfrutar de tempo coa nosa xente, pero de tempo de calidade. Ese que nos reconforta, que nos quece a alma.
É unha ledicia ver as caras da xente nestas datas; unha época na que todos, dalgunha maneira, volvemos a ser nenos con esa ilusión que se palpa nas rúas, que se sinte en cada recuncho.
Desde o Concello de Ribeira desexámoslles unha felices festas e un próspero 2026.