Buscador

O Concello de Ribeira habilita un formulario participativo cara o POS 2026
Whatsapp: O Concello de Ribeira habilita un formulario participativo cara o POS 2026

O Concello de Ribeira habilita un formulario participativo para a planificación das actuacións a incluír no Plan de Obras e Servizos da Deputación da Coruña (POS 2026). Segundo explica a alcaldesa, María Sampedro, o obxectivo é coñecer as inquedanzas da cidadanía en canto a obras e servizos básicos necesarios a acometer en todo o municipio.

As propostas poden facerse dende hoxe e ata o 11 de xaneiro a través da seguinte ligazón: https://www.ribeira.gal/es/web/forms/shared/-/form/643719. Os apartados a cubrir son o título da necesidade, a descrición da mesma e a parroquia.

"Cara a elaboración das obras a levar no POS 2026 queremos ter en conta a opinión dos nosos veciños e veciñas. Somos conscientes de moitas das necesidades froito da escoita activa, pero tamén queremos que teñan a oportunidade de facelo por escrito, sobre todo, aquelas persoas que non tiveron ocasión de facérnolo chegar en persoa. Hai que ter en conta deben ser proxectos financeiramente sostibles e que dean resposta a demandas dunha maioría social. Este goberno municipal comprométese a ter en conta todas estas aportacións procedentes de tódalas nosas parroquias", en palabras da rexedora.