
A iniciativa xurde das concellerías de Festexos e Cultura, tendo en conta a coincidencia este ano co Entroido, co fin de promover ademais o comercio e hostalería local, facendo máis atractivo o noso municipio para a cidadanía e os visitantes.
Con motivo da celebración do Día dos Namorados que coincide este ano coa programación de Entroido, presentase esta iniciativa para favorecer a promoción da hostelería, restauración e tamén o turismo local de Ribeira.
A xornada festiva especial contará con sesións de música a cargo de varios Dj´s con Planet Discomobil; será na carpa instalada no Malecón pola noite, a partir das 22:30 h, e nela haberá distintas sorpresas e agasallos para os asistentes consistentes en piruletas de corazón sen glute e globos con forma de corazón, que entregarán os Dj´s ata esgotar existencias.
Tamén se instalará un photocall luminoso nas inmediacións, con forma de corazón, para completar a proposta festiva e de celebración tanto do día dos namorados como do Entroido. Todas as persoas maiores de 18 anos que se fotografíen nel poderán participar nun Sorteo dunha estancia nunha casa de turismo rural consistente nunha noite con almorzo e agasallo sorpresa. Os interesados deberán publicala nas seguintes redes sociais: Facebook, X ou Instagram etiquetando ao Concello de Ribeira e incluir un hastag #namoradosribeira Unha vez publicada deberán enviar una captura de pantalla ao correo culturaefestexos@ribeira.gal, unha soa participación por persoa e deberán indicar nome, apelidos, D.N.I. e teléfono de contacto. O prazo para participar será do 14 ao 18 de febreiro de 2026.