Buscador

O Concello de Ribeira saca a licitación a instalación e explotación dos chiringuitos no litoral
Whatsapp: O Concello de Ribeira saca a licitación a instalación e explotación dos chiringuitos no litoral

O Concello de Ribeira saca a licitación a instalación e explotación de chiringuitos de tempada en terreos municipais para dar servizo ás persoas usuarias das praias do municipio.

Os lotes ofertados son Coroso 1, Coroso 2, Punta Touro e Ameixida e as persoas interesadas só poderán presentar a oferta para un lote. A duración da concesión é de catro tempadas de verán que se corresponden coas anualidades do 2026, 2027, 2028 e 2029. Os

O anuncio publicouse hoxe no perfil do contratante e no taboleiro electrónico do Concello de Ribeira, polo que se dispón de 30 días naturais para a recepción de ofertas. A documentación e proposicións presentaranse de forma electrónica a través do Sistema de Licitación Electrónica da Xunta de Galicia (SILEX) ou en papel, mediante o Rexistro Xeral do Concello.