Buscador

O Concello de Ribeira renova as porterías da pista de Punta do Castro
Whatsapp: O Concello de Ribeira renova as porterías da pista de Punta do Castro

A Concellería de Deportes de Ribeira continúa traballando na posta a punto das pistas deportivas do municipio, especialmente, agora coa chegada do bo tempo.

Unha das últimas actuacións acometidas centrouse en Punta do Castro, na parroquia de Castiñeiras, onde se cambiaron as porterías existentes por outras novas de ferro galvanizado por un importe de arredor dos 3.000 euros.

Neste senso, o edil Álex Vidal explica que "esta intervención enmárcase na folla de ruta que temos marcada para a mellora das pistas coa chegada do bo tempo para ofrecerlle á veciñanza que opte pola práctica deportiva ao aire libre unhas instalacións en óptimas condicións. Desta vez, cambiamos as porterías de Punta do Castro por outras de mellor calidade con maior resistencia ás inclemencias meteorolóxicas dado que están moi próximas ao mar. Agora, a rapazada que xoga alí ao fútbol atoparase cunha pista con mellores prestacións."