Buscador

Ribeira realizará cortes no tráfico durante o día de mañá polo paso da proba ciclista O Gran Camiño
Whatsapp: Ribeira realizará cortes no tráfico durante o día de mañá polo paso da proba ciclista O Gran Camiño

O Concello de Ribeira informa de que mañá, xoves, 16 de abril, se producirán cortes no tráfico nas AC-550 e AC-305 como consecuencia do paso do pelotón ciclista O Gran Camiño polo municipio.

Estímase que os ciclistas fagan a súa entrada ao concello polo sobre as 15.30 horas, pola zona de Oleiros, para seguir dirección a rotonda de Xarás, baixar pola avenida de Ferrol e coller na rotonda de Padín pola avenida da Coruña cara a Palmeira e rematar o seu periplo polo termo municipal sobre as 16.00 horas.

O horario é unha estimación, pois dependerá da velocidade do pelotón nesta etapa, se ben o tráfico estará regulado pola Garda Civil e Policía local, co apoio do GAEM.