Buscador

O Concello de Ribeira adxudica o Servizo de Prevención Allea nas súas catro especialidades
Whatsapp: O Concello de Ribeira adxudica o Servizo de Prevención Allea nas súas catro especialidades

O Concello de Ribeira avanza na asistencia ao persoal municipal coa adxudicación do Servizo de Prevención Allea nas súas catro modalidades para garantir a seguridade, a saúde laboral e unha adecuada prevención de riscos no conxunto dos posto de traballo municipais.

Este servizo incluirá as especialidades de Seguridade no Traballo, Hixiene Industrial, Ergonomía e Psicosocioloxía Aplicada, así como Medicina do Traballo e Vixilancia da Saúde Colectiva. O ámbito do contrato estenderase á totalidade dos postos de traballo do Concello de Ribeira, así como ás súas instalacións e dependencias.

Incluirá tamén os novos postos, instalacións e dependencias municipais que se dean de alta durante a vixencia do contrato, así como aqueles servizos que o Concello poida precisar con carácter extraordinario.

O orzamento de licitación situouse nos 125.356,40 euros, IVE incluído, se ben a empresa Gerosalud, S.L. resultou adxudicataria por contar coa mellor oferta das dúas que concorreron ao proceso. O prezo final do servizo é de 86.065,60 euros, con impostos, durante un período de dous anos, con posibilidade de prórroga outros dous.