
A arte contemporánea será a protagonista da nova exposición que chega ao Centro Cultural Lustres Rivas de Ribeira. Trátase da XV edición da Bienal de Pintura do Eixo Atlántico; un punto de encontro cultural entre os pobos de Galicia e o norte de Portugal.
O acto inaugural terá lugar no xoves, 30 de abril, ás 20.00 horas, polo que Ribeira constitúe a cuarta parada dos once municipios galegos e portugueses nos que recalará esta mostra itinerante.
A Bienal eríxese como unha plataforma de visibilidade para artistas emerxentes e consagrados, revelando novas perspectivas e linguaxes para relatar sobre o lenzo o mundo no que vivimos como sucede, por exemplo, coa obra de António Miranda, un dos artistas que expoñen, falecido recentemente.
Entre as preto de 30 pezas, poderanse contemplar o primeiro premio, Sobre a liberdade de Ser, de Acácio Viegas; o segundo, Rompiendo límites, de Javier Pena; o galardón a novos talentos, O que vi, de Afonso António; e as mencións de honra, Lamento polos Antigos Mestres e (Des)fragmentado, de Esther Moe Dowson e Rodolfo Lopes, respectivamente.