Buscador

O CIFP Coroso participou nun obradoiro sobre igualdade da man do CIM de Ribeira
Whatsapp: O CIFP Coroso participou nun obradoiro sobre igualdade da man do CIM de Ribeira

O alumnado de 1° de Formación Profesional Básica do CIFP Coroso participou no xoves, 30 de abril, no obradoiro Novos discursos entorno á masculinidade e á feminidade en entornos dixitais. Ata alí desprazouse a concelleira de Igualdade, Ana Barreiro, para clausurar este taller orientado á comunidade educativa da man do Centro de Información á Muller de Ribeira ao abeiro da campaña De fronte á violencia de xénero, da Deputación da Coruña.

"Cremos que este tipo de iniciativas son moi importantes para sensibilizar e formar á mocidade en materia de igualdade, pois na educación está a base", apunta a edil.

Durante o desenvolvemento desta acción, o alumnado analizou as presións sociais sobre a identidade, o corpo, a representación social do xénero, a presión estética e violencias corporais, os discursos de odio, a hipersexualización e ciberviolencias, resistencias feministas e masculinidades reactivas en contextos dixitais (manosfera).