Buscador

Alumnado de Felgueiras intercambia experiencias co colexio de Olveira
Whatsapp: Alumnado de Felgueiras intercambia experiencias co colexio de Olveira

Estudantado da Escola Básica D. Manuel Faria e Sousa de Felgueiras desfrutan dende onte da súa estadía en Ribeira na compaña de alumnado de 6° curso do CEIP de Olveira dentro do proxecto de intercambio escolar do Eixo Atlántico.

A rapazada foi recibida pola concelleira de Educación, Nucha Brión, e nesa xornada visitaron a exposición da Bienal de Pintura do Eixo Atlántico no Centro Cultural Lustres Rivas para despois desfrutar de tempo de lecer na cidade e visitar o Museo municipal e participar nun paseo comentado polo centro arredor da arte urbana.

No día de hoxe, xoves 14, achegaranse a coñecer o Centro de Interpretación do Ecosistema Litoral de Galicia (Cielga) no Parque Natural de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán, ademais de proba do novo visualizados virtual do ecosistema. Posteriormente, celebrarán a Festa dos Maios en Olveira e, xa pola tarde, regresarán a Portugal.

Na semana pasada foi a quenda do alumnado ribeirense en terras lusas, onde puideron coñecer o peso da industria do calzado na zona coa visita á fábrica de Pao de Lo, así como outras de carácter cultural como á Vila Romana de Sendim. Unha serie de actividades que propician a convivencia entre a comunidade educativa de diferentes países.