Buscador

O Concello de Ribeira homenaxea a unha trintena de traballadores municipais polos seus 25 anos de servizo
Whatsapp: O Concello de Ribeira homenaxea a unha trintena de traballadores municipais polos seus 25 anos de servizo

Con motivo de Santa Rita, patroa do persoal da Administración local, o Concello de Ribeira quixo render homenaxe a unha trintena de traballadores municipais que levan prestando servizo 25 anos en distintos departamentos; algo que non se facía dende o 2018. Por tal motivo, organizouse un acto simbólico no que a alcaldesa, María Sampedro, tivo palabras de recoñecemento ao seu labor e fixo entrega de cadansúa insignia co escudo oficial do Concello de Ribeira.