Buscador

Residentes da rúa Barbanza poden desfrutar xa da fibra óptica
Whatsapp: Residentes da rúa Barbanza poden desfrutar xa da fibra óptica

O Concello de Ribeira interveu para que os residentes da rúa Barbanza poidan desfrutar xa de fibra óptica, dando así resposta a unha demanda veciñal.

Para que isto se materializara, o concelleiro de Innovación e Novas Tecnoloxías, Álex Vidal, explica que a Administración local "fixo as xestións pertinentes para que a empresa distribuidora da zona achegase este servizo a veciños e veciñas da rúa Barbanza, no centro da cidade; algo que levaba pendente, polo menos, dous anos. Agora xa poden navegar por Internet cunha mellor conexión e maior velocidade, tendo mellores garantías, especialmente, nun mundo cada vez máis dixitalizado e no que hai xente que ten a opción de teletraballar, ademais da rapazada que ten moitos traballos que son por portais educativos."

Continúase así coa folla de ruta marcada polo Concello de Ribeira para xestionar a chegada da fibra óptica a máis espazos do municipio, tanto da cidade como das parroquias, como xa sucedeu no lugar de Cobas, en Castiñeiras, meses atrás.