O mercado ambulante regresa a Aguiño no 8 de xuño

A parroquia ribeirense de Aguiño volverá contar co seu mercado ambulante durante este verán a partir do luns, 8 de xuño.
A periodicidade será semanal, celebrándose os luns, en horario de 09.00 a 14.00 horas, na rúa Castelao, nas súas proximidades ao porto. Uns 40 postos integran a feira, 8 deles de alimentación.
O concelleiro de Mercados, Vicente Mariño, explica que "volvemos achegar este servizo á cidadanía de Aguiño como xa é habitual no verán. Trátase dunha demanda veciñal á que damos resposta no período estival ao ser unha das parroquias con maior poboación, a cal se ve incrementada durante esta época. En vindeiras datas anunciaremos tamén esta medida noutras parroquias do noso municipio."