Buscador

Remata a formación en varios centros educativos de Ribeira sobre a intervención en situacións de violencia contra a infancia
Whatsapp: Remata a formación en varios centros educativos de Ribeira sobre a intervención en situacións de violencia contra a infancia

Varios centros educativos de Ribeira recibiron nos últimos meses unha serie de charlas da man do Concello e das Unidades de Atención á Familia e Muller da Policía Nacional para informar aos docentes sobre a intervención na desprotección infantil; unha medida que forma parte da Mesa Local da Infancia e Adolescencia.

Baixo o título Detección, intervención e notificación en situacións de violencia contra a infancia, a policía da UFAM e a educadora social de Servizos Sociais informaron ao persoal sobre os pasos a dar e as obrigas que recolle a Lei Orgánica 8/2021, do 4 de xuño, de Protección Integral á Infancia e Adolescencia fronte a violencia, coñecida como LOPIVI.

Esta serie de coloquios ofrecéronse dende marzo ata maio nos centros que forman parte da Comisión Educativa asociada á Mesa Local da Infancia e a Adolescencia: Galaxia, Heroínas de Sálvora, Bayón, Sagrado Corazón de Jesús, A Milagorosa, Escola Infantil Municipal, O Grupo, Amicos e o IES Nº1.

Na próxima edición a realizar no curso académico 2026-2027, haberá a posibilidade de solicitar as charlas a tódolos centros educativos do municipio. Aqueles que desexen unirse ou solicitar máis información pode facelo a través do enderezo electrónico educadora@ribeira.gal