
O Concello de Ribeira segue recibindo aos seus deportistas polos logros nas distintas disciplinas. Así, a alcaldesa, María Sampedro, e o concelleiro de Deportes, Álex Vidal, recibiron ao culturista José Enrique Vázquez Carreira trala súa participación durante este ano no Campionato de Europa IFBB-Santa Susana Barcelona e no Wakanda NPC-Madrid.
O ribeirense proclamouse en Barcelona campión europeo de en culturismos -75 kg e quinto posto en Classic Bodybuilding. No que respecta á proba en Madrid, converteuse en campión Wakanda de culturismo -80 kg.

No seu palmarés deportivo tamén se atopan outros títulos como subcampión na categoría culturismo -70 kg no Campionato Galego IFBB-Lalín, no 2021; gañador en culturismo -70 kg e gañador do absoluto no Campionato Galego IFBB-Vilalba; bronce en culturismo -80 kg no Arnold Classic IFBB-Madrid; quinto do mundo en culturismo -70 kg e quinto do mundo en Classic Bodybuilding no Mundial IFBB-Santa Susana Barcelona; e campión nacional en culturismo -70 kg e subcampión nacional en Classic Bodybuilding no Campionato Nacional IFBB-Ávila. Estes últimos celebráronse todos eles no 2023.