Buscador

O Natural Sport retoma a exhibición de taekwondo na rúa do Sal no 5 de setembro
Whatsapp: O Natural Sport retoma a exhibición de taekwondo na rúa do Sal no 5 de setembro

Despois de que fose preciso adiar a exhibición de taekwondo do Natural Sport por mor da chuvia, o club anuncia nova data para continuar cos actos con motivo do 30 aniversario. En consecuencia, no sábado, 5 de setembro, farán esta xornada para tódalas idades na rúa do Sal, coa colaboración do Concello de Ribeira, Asociación Rúa do Sal, Mariscos Bomar e a Lonxa de Ribeira.

As actividades arrancarán ás 11.30 horas cunhas clases abertas para probar esta disciplina deportiva: técnica, acrobacias, psicomotricidade, combates... Deseguido, ás 13.00 horas, habilitaranse inchables e comezará a sesión vermú con música en directo que continuará, a partir das 14.30 horas, co tardeo a cargo de DJ Fontaíña.

O deporte complementarase cunha degustación gastronómica a base de produtos do mar, a partir das 13.30 horas. Os tíckets de comida mercaranse nos bares da rúa do Sal. O diñeiro recadado irá destinado a sufragar os custes das viaxes do equipo de competición e de base.