Preto de 200 nadadores participarán etapa final do Circuíto Galego de Augas Abertas

A praia de Coroso vivirá no domingo, 13 de setembro, a partir das 10.00 horas, a etapa final do Circuíto Galego de Augas Abertas que organiza a Federación Galega de Natación coa colaboración do Concello de Ribeira e do Club Náutico Deportivo.
Preto de 200 nadadores participarán nesta cita que leva o deporte ao mar. A alcaldesa, María Sampedro, e o concelleiro de Deportes, Álex Vidal, presentaron a proba xunto ao presidente do CRDR, José Luis Torres, e o presidente da Fegan, Juan Carlos Brión.
A rexedora manifestou que é "unha honra" acoller esta última fase do Desafío Fegan e referiuse a Ribeira como berce de destacados deportistas no mundo da natación.