Buscador

Ribeira rendeu tributo á súa patroa Santa Uxía
Whatsapp: Ribeira rendeu tributo á súa patroa Santa Uxía

A cidadanía de Ribeira homenaxeou no día de onte á súa patroa Santa Uxía cunha misa solemne na igrexa parroquial, cantada pola Coral do Círculo Mercantil.

Deseguido, a imaxe saíu en procesión pola contorna acompañada de fregueses e co ritmo marcado musicalmente polo grupo de gaitas Xiada e pola Banda de Música Prudencio Romo de Lousame. Esta última rematou cun pequeno concerto no adro da igrexa. Na comitiva participaron a alcaldesa, María Sampedro; o director xeral da Axencia Turismo de Galicia, Xosé Manuel Merelles; e demais autoridades.

As actividades continuaron durante a fin de semana ao abeiro da programación das festas patronais posta en marcha polo Concello de Ribeira, onde converxeron o aspecto lúdico, relixioso e a tradición.