Buscador

Ribeira organiza unha charla sobre compostaxe doméstica e comunitaria
Whatsapp: Ribeira organiza unha charla sobre compostaxe doméstica e comunitaria

O Concello de Ribeira organiza a charla Compostaxe doméstica e comunitaria, unha actividade que busca achegar á veciñanza as claves para transformar os residuos orgánicos en compost e darlles unha segunda vida.

A cita será hoxe, 21 de outubro, ás 19.30 horas, no Centro Cultural Lustres Rivas.

Durante a sesión abordaranse as posibilidades da compostaxe tanto no ámbito do fogar como nos espazos compartidos, unha práctica que contribúe a reducir a cantidade de residuos, a mellorar a xestión da materia orgánica e a obter un recurso útil para hortas e xardíns.

Con esta iniciativa, o Concello de Ribeira continúa a promover hábitos sostibles entre a cidadanía e a fomentar a participación na economía circular a nivel local.

A actividade conta co apoio da Xunta de Galicia e do Xacobeo 2027, e está cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), Programa Galicia Feder 2021-2027.