Buscador

A alcaldesa destaca o nivel dos taekwondistas ribeirenses e o dinamismo no Natural Sport
Whatsapp: A alcaldesa destaca o nivel dos taekwondistas ribeirenses e o dinamismo no Natural Sport

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, xunto a membros da Corporación municipal participaron na entrega de premios da vixésimo quinta edición do Open Cidade de Ribeira de Taekwondo; un evento que reuniu nesta fin de semana a máis de 600 deportistas do panorama deportivo galego, nacional e internacional no pavillón da Fieiteira.

“É un orgullo que Ribeira sexa nestes días epicentro do taekwondo co nivel que aquí vemos e da man dun club que é todo un referente como é o Natural Sport que, neste ano, celebra o seu 30 aniversario”, manifestou a rexedora.

Tres ribeirenses recoñecidas, por levar o nome de Ribeira ao máis alto noutras profesións, foron a deseñadora María Alborés, a fotógrafa Flora Iglesias e a reitora da Universidade de Santiago de Compostela, Rosa Crujeiras.

En canto aos dedicados á traxectoria profesional houbo un agarimo a Chiqui Durán, fundador do Grupo Municipal de Teatro de Ribeira.

Na traxectoria deportiva estiveron premiados tres integrantes do Club Finestrat de Alicante: Jairo Agenjo e Violeta Díaz, campións europeos, xunto ao seu adestrador, Juan José González.

E, no apartado de lendas deportivas, distinguíronse as figuras de Andrea Rica, das primeiras mulleres en pertencer ao equipo nacional e adestrar no Centro de Alto Rendemento de San Cugat, e de Miguel Dopazo, quen agasallou con numerosos combates merecidos de recoñecemento.