Buscador

A estrada de Palmeira permanecerá cortada ao tráfico entre o cemiterio e o lugar da Ponte a partir do 2 de novembro
Whatsapp: A estrada de Palmeira permanecerá cortada ao tráfico entre o cemiterio e o lugar da Ponte a partir do 2 de novembro

O Concello de Ribeira informa de que, con motivo da humanización na AC-305 ao seu paso por Palmeira, no 2 de novembro procederase cun corte da mesma ao seu paso pola rúa do Vilar, dende a contorna do cemiterio municipal ata o lugar da Ponte; unhas obras que están previstas que finalicen na segunda quincena do mes de novembro.

O tráfico pesado entre Ribeira e A Pobra do Caramiñal deberá circular obrigatoriamente pola AG-11 -autovía do Barbanza-; alternativa que se recomenda tamén para os vehículos lixeiros.

A circulación na contorna do tramo afectado levarase polas seguintes vías: lugar de Lombas/Sampedro e rúa do Barreiro para o tránsito entre Ribeira e A Pobra; mentres que zona de Riazor e rúa Doutor Torres para o acceso ao centro de Palmeira.

Co obxectivo de acadar unha circulación fluída, quedará prohibido o estacionamento en ambos lados das rúas Barreiro e Doutor Torres; habilitándose esta última en dobre sentido de circulación.

As persoas usuarias do transporte público deberán facer uso das paradas centrais de Ribeira ou A Pobra.