Cortes de tráfico con motivo da manifestación da folga xeral do 11 de novembro

O Concello de Ribeira informa de que, con motivo da manifestación convocada pola folga xeral do 11 de novembro, a Policía local preparou un operativo de tráfico para a mañá dese día.
A saída está prevista para as 12.00 horas dende as inmediacións do mercado municipal, con chegada á Porta do Sol arredor das 13.00 horas. Durante o transcurso da manifestación, faranse cortes puntuais do tráfico, reabrindo a medida que pase a marcha.