Buscador

Ribeira despide o curso de introdución á lingua e á cultura galegas coa entrega dos diplomas
Whatsapp: Ribeira despide o curso de introdución á lingua e á cultura galegas coa entrega dos diplomas

Unha vintena de alumnos e alumnas participaron na terceira edición do curso de introdución á lingua e á cultura galegas impartido polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ribeira, co apoio da Xunta de Galicia, durante o mes de outubro na Casa da Xuventude. A concelleira de Educación e Promoción da Lingua, Nucha Brión, participou na entrega dos diplomas que acreditan a formación durante 20 horas.

"Seguimos traballando por fomentar o uso do galego en diferentes ámbitos da poboación e contextos da sociedade. Desta vez, esta acción formativa estivo dirixida para todas aquelas persoas que non están familiarizadas coa nosa cultura e idioma, como unha primeira toma de contacto na que xa adquiriron coñecementos para, pouco a pouco, ir adquirindo maior destreza", manifesta a edil.

A isto engade que este curso "é un exemplo máis do bo facer na acollida das persoas que acaban de chegar ao noso municipio ao estar orientado a poboación de orixes lingüísticas diferentes do galego. Nesta ocasión, tivemos a persoas de procedencias tan diversas como Mauritania, Venezuela, Marrocos, Perú ou Brasil".